Juan Ángel Nóvoa Nóvoa, coñecido como Bicho Bravo, nado en Ourense o 13 de xuño de 1898 e finado na mesma cidade o 31 de decembro de 1976, foi un tipógrafo e político comunista galego.

Traxectoria Tipógrafo en Ourense. Afiliado ao Partido Comunista, foi redactor de La Zarpa e colaborador de El Soviet. Foi elixido secretario da Casa do Pobo de Ourense en 1931,Vida Gallega, 30-5-1931, p. 45. e secretario da Asociación de Inquilinos de Ourense en outubro de 1933.La Región, 18-10-1933, p. 6. Foi membro do Comité Executivo provincial do PCE de Ourense."Benigno e Santiago Álvarez, dous símbolos históricos do PC ourensán", La Voz de Galicia, Ourense, 23-4-1997, p. 40.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado co seu irmán Manuel nunha especie de cova construída por eles no soto do edificio no número 37 da rúa Raíña Vitoria de Ourense. Descubertos, foron detidos o 5 de abril de 1937.El Pueblo Gallego, 6-4-1937, p. 11.La Región, 6-4-1937, p. 3. Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión na causa 452/37 o 9 de setembro de 1937, foi condenado a pena de morte, logo conmutada por cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Cumpriu condena na Prisión de Ourense, na Prisión de Las Palmas, onde ingresou o 28 de marzo de 1939, en Yeserías (14-1-1943), Santa Rita (19-2-1943) e Talavera (13-3-1943) de onde saíu en liberdade provisional o 15 de abril de 1943.

Volveu ser detido, encartado na causa 94/1945 por rebelión e ingresou na Prisión da Coruña o 7 de xaneiro de 1945; pasou á Prisión Central de Burgos o 23 de outubro de 1946; a Prisión de El Dueso o 13 de xaneiro de 1949; e o 2 de maio de 1951 pasou ao Reformatorio de Adultos de Ocaña, do que saíu en liberdade condicional o 6 de outubro de 1952.BOE, 5-11-1952, p. 5058. Despois exiliouse.

Retornou a Orense e traballou como tipógrafo en La Región. Finou en Ourense o 31 de decembro de 1976.A Voz do Pobo, 18, 23-1-1977, p. 7. Vida persoal Casou con Dolores Barreiros Gómez, que finou en setembro de 1943, e foi pai de Carmen, Angelines, Máximo, Sara e Dolores Nóvoa Barreiros.La Región, 3-9-1943, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Juan Ángel Novoa Novoa

Ficha no Registro-Índice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo General de la Administración.

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Xornalistas de Ourense

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1898

Categoría:Finados en 1976