Shi Jian 4 ou SJ 4 foi un satélite artificial da China lanzado o 8 de febreiro de 1994 a bordo dun foguete CZ-3A desde o Centro de lanzamento de Xichang.
Características SJ 4 foi lanzado para estudar a contorna da radiación en órbita terrestre. Foi deseñado e construído pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 400 kg e forma de cilindro de 1,6 m de diámetro e 2,1 m de altura. Estabilizábase mediante xiro e levaba seis instrumentos a bordo:
Un detector de electróns de alta enerxía. Un detector de ións pesados e protóns enerxéticos. Un analizador electrostático. Un monitor de efecto dinámico de eventos únicos. Un monitor de eventos únicos. Un monitor de potencial en superficies.
O satélite funcionou durante seis meses.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CZ-3A Shi Jian 1 Shi Jian 2 Shi Jian 2A Shi Jian 2B Shi Jian 5 Shi Jian 6 Shi Jian 7 Shi Jian 8 Shi Jian 9A Shi Jian 9B Shi Jian 10 Shi Jian 11 Shi Jian 12 Shi Jian 13
Categoría:Satélites artificiais