Rodrigo Seoane Rodicio, nado en Ourense o 16 de agosto de 1999, é un xogador de baloncesto galego, que xoga de ala . Actualmente xoga no Basket Navarra da Liga LEB Prata, cedido polo UCAM Murcia.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Club Ourense Baloncesto e durante as tempadas 2015-2016 e 2016-2017 xogou no filial deste club na Liga EBA, cunha media na última tempada de 12 puntos e 6 rebotes por partido.

En agosto de 2017, o ala comprometeuse co UCAM Murcia da Liga ACB ata 2021, incorporándose ao equipo filial da Liga EBA e comezando os seus estudos universitarios na Universidade Católica de Murcia, patrocinador principal do equipo. Durante as tempadas 2017-18 e 2018-19 xogou no UCAM Murcia B da Liga EBA, facendo unha media de 13 puntos e cinco rebotes por partido, con 13 de valoración.

No verán de 2019 o UCAM Murcia cedeuno por unha tempada ao Peixefresco Marín, recentemente ascendido á LEB Ouro.

En agosto de 2020 foi cedido de novo, esta vez ao Basket Navarra Club da Liga LEB Prata.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do xogador en ACB. COM

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1999 Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores do CB Peixefresco Categoría:Xogadores do Basket Navarra Club Categoría:Alumnos da Universidade Católica San Antonio de Murcia