Para o arquiveiro e director de museo con nome e apelido coincidentes, véxase Hendrik Enno van Gelder (arquiveiro)
Hendrik Enno van Gelder, nado o 22 de setembro de 1916 en Rotterdam e finado o 7 de marzo de 1998 en Zeist, foi un numismático neerlandés, profesor da Universidade de Leiden e director do Gabinete Real de Medallas (Koninklijk Penningkabinet) dos Países Baixos.
Traxectoria
Orixe familiar e formación Tanto o pai como a nai de Hendrik Enno van Gelder eran historiadores. Do mesmo modo que os seus dous irmáns, leva como segundo nome Enno seguindo unha tradición familiar. O seu tío, Hendrik Enno van Gelder, de nome e apelidos coincidentes, era arquiveiro municipal da Haia e director do Gemeentemuseum. Para evitar confusións, o sobriño asinou as súas publicacións como H. E. van Gelder.Van der Meer. (1999). Páxina 1.
En 1918 a súa familia trasladouse a Breda e en 1929 fixou a súa residencia na Haia, onde recibiu a súa educación secundaria, no Gymnasium Haganum. Entre 1934 e 1941 fixo os seus estudos superiores de Letras Clásicas e Historia Antiga na Universidade de Leiden, e en 1942 graduouse cun mestrado en Historia.
Na universidade tivo a súa primeira toma de contacto coa moeda grega e da Antiga Roma, integrada nos seus estudos da Antigüidade Clásica. En 1941 fixo a súa primeira visita ao Gabinete Real de Medallas (Koninklijk Penningkabinet), deu unha conferencia sobre a moeda de Augusto e comezou a facer as súas primeiras publicacións.
Carreira Logo dunha primeira experiencia como profesor, en abril de 1944 ingresou como axudante científico no Koninklijk Penningkabinet, na Haia, o que lle permitiu o acceso a lecturas na súa biblioteca especializada que forxaron o seu futuro como numismático. A van Gelder encomendóuselle participar na reorganización dos fondos do Gabinete e da súa biblioteca, que permaneceran ocultos durante a ocupación nazi, na segunda guerra mundial. Un dos principais labores que levou a cabo nesta institución foi a catalogación sistemática das moedas dos Países Baixos da Idade Media e do período borgoñón.Van der Meer. (1999). Páxina 2. En paralelo a esta dedicación, van Gelder preparou a súa tese acerca da reforma monetaria durante a república de 1659-1694, coa que acadou o seu doutoramento en 1949Gelder, H. E. Van. (1949). Munthervorming tijdens de Republiek, 1659-1694. Van Kampen, Ámsterdam., e o 1 de decembro dese mesmo ano foi nomeado director do Koninklijk Penningkabinet, logo do falecemento do ata entón director, J. van Kuyk.Van der Meer. (1999). Páxina 3. Exerceu este cargo durante 31 anos, ata que se retirou o 1 de marzo de 1980.Van der Meer. (1999). Páxina 6.Scharloo, M. (1998). Páxina 99.
En 1976, van Gelder accedeu ao posto de profesor de Numismática e Historia do Diñeiro na Universidade de Leiden.Purmer, D. (1998). Páxina 103.Scharloo, M. (1998). Páxina 101. Na súa toma de posesión na cátedra, pronunciou unha disertación acerca das moedas e o diñeiro no século XVI.Gelder, H. E. van. (1976). Munten en geld in de 16e eeuw : rede, uitgesproken bij de aanvaarding van het ambt van bijzonder hoogleraar in de numismatiek aan de Rijksuniversiteit te Leiden op 28 mei 1976. Universitaire Pers, Leiden. Van Gelder mantivo a docencia en Leiden ata a súa xubilación en 1983.
Á parte da súa dedicación ao Gabinete Real de Medallas e á universidade, van Gelder, colaborou con outras a. Entre 1946 e 1965 foi secretario da Real Sociedade Numismática dos Países Baixos, e de 1948 a 1980 do Círculo Numismático da Haia, e entre 1962 e 1986 foi conservador do Museo de Teyler. Foi particularmente destacado o seu labor como secretario da Comisión Internacional de Numismática (1953-1963), onde participou na organización do Congreso Internacional de Numismática de París (1953) e no de Roma (1961). Tamén pertenceu ao consello directivo da Federación Internacional da Medalla de Arte.Van der Meer. (1999). Páxina 4.Scharloo, M. (1998). Páxina 100. Entre as entidades asociativas doutros países, foi membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica e da Sociedade Francesa de Numismática, e membro correspondente American Numismatic Society.Van der Meer. (1999). Páxina 5.Scharloo, M. (1998). Páxina 102.
No ámbito familiar, Hendrik Enno van Gelder casou en 1948 con M. C. Gevaerts, con quen tivo dous fillos e unha filla.
Recoñecementos (1961): Premio Javier Conde Garriga, da Asociación Numismática Española, de Barcelona."Ganadores del premio Javier Conde Garriga". Asociación Numismática Española (Numisane.org). (1972): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1973): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1975): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt."GIG-Ehrenpreisträger". No sitio web da SHMI.
Publicacións Van Gelder foi un prolífico autor de artigos nas máis prestixiosas revistas numismáticas da súa época e colaboracións en publicacións conxuntas, así como de diversas publicacións monográficas:Scheffers, A. A. J. (1999). "Gelder, Hendrik Enno van 1916-1998 ". Digital Library Numis."Gelder, H. Enno van (Hendrik Enno) 1916-1998". WorldCat Identities.
Escolma de monografías (1948). De penningen en het geld van den Tachtigjarigen Oorlog (con J. van Kuyk). Martinus Nijhoff, A Haia. (1949). Munthervorming tijdens de Republiek, 1659-1694. Van Kampen, Ámsterdam. (1951). Vondst van 12e-eeuwse munten te Arnhem. (1955). De Nederlandse noodmunten van de Tachtigjarige Oorlog. Staatsdrukkerij- en Uitgeverijbedrijf, A Haia. (1958). Noord-Nederlands kleingeld omstreeks 1400. (1963). Schweizerische Münzen in niederländischen Münztarifen. (1965). Portrait medals of Hugo Grotius. Norstedt, Estocolmo. (1966). Munten kwamen tot leven (con M- P. de Bruin). Stichting IVIO, Ámsterdam. (1960). Les monnaies des Pays-Bas bourguignons et espagnols, 1434-1713: répertoire général (con M. Hoc). Schulman, Ámsterdam. (1961). Geld uit de grond. Stichting IVIO, Ámsterdam. (1965). De Nederlandse munten. Het Spectrum, Utrecht. (1965). Münzvalvation in Deventer und Dortmund. (1966). Muntvondst Serooskerke 1966. (1966). Het goud van Serooskerke. (1967). Munten in muntvondsten (con J. S. Boersma). Fibula-Van Dishoeck, Bussum. (1973). De muntvondst van boerderij 'Langeveld' onder Feerwerd (con J. W. Boersma). (1974). Klein geld, grof geld. Stichting Gemeentelijk Cultuurfonds, A Haia. (1976). Munten en geld in de 16e eeuw. Universitaire Pers, Leiden. ISBN 9789060212981 (1990). De reiskas van graaf Willem IV. Koninklijk Penningkabinet, Leiden. (1995). Gedrukte muntplakkaten. Koninklijk Penningkabinet, Leiden.1916-1998)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Purmer, D. (1998). "In memoriam dr H. Enno van Gelder. Rotterdam 1916-Zeist 1998". En De Beeldenaar 22. Nº 3. Páxinas 99-102. Scharloo, M. (1998). "In memoriam prof. dr H. Enno van Gelder". En De Beeldenaar 22. Nº 3. Páxinas 103-105. Scheffers, A. A. J. (1999). "Supplement op de bibliografie van Prof. Dr H. Enno van Gelder". En Jaarboek voor munt- en penningkunde. Vol. 83 (1996). Koninklijk Nederlands Genootschap voor Munt- en Penningkunde, Ámsterdam ISSN 0920-380X. Páxinas 7-19. Van der Meer. (1999). "In memoriam Prof. Dr Hendrik Enno van Gelder". En Jaarboek voor munt- en penningkunde. Vol. 83 (1996). Koninklijk Nederlands Genootschap voor Munt- en Penningkunde, Ámsterdam ISSN 0920-380X. Páxinas 1-6.
Outros artigos Hendrik Enno van Gelder (arquiveiro)
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Rotterdam Categoría:Finados en 1998 Categoría:Numismáticos dos Países Baixos Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados co premio Javier Conde Garriga Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden