Anton Nikolaevich Shkaplerov, nado en Sebastopol o 20 de febreiro de 1972, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-22, Soiuz TMA-15M, Soiuz MS-07 e Soiuz MS-19 e foi membro das expedicións 29, 30, 42, 43, 54, 55 e 65 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Shkaplerov graduouse como piloto e enxeñeiro pola Escola Kachinsk de Pilotos da Forza Aérea en 1994 e na Escola Zukovskiy de Enxeñaría da Forza Aérea en 1997. Foi seleccionado como cosmonauta en maio de 2003, adestrándose entre xuño dese ano e xuño de 2005. Partipou nas misións Soiuz TMA-22, Soiuz TMA-15M, Soiuz MS-07 e Soiuz MS-19 e sendo membro das expedicións 29, 30, 42, 43, 54, 55 e 65 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 533,23 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-22 Soiuz TMA-15M Soiuz MS-07 Soiuz MS-19 Expedición 29 Expedición 30 Expedición 42 Expedición 43 Expedición 54 Expedición 55 Expedición 65 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Sebastopol