200px|miniatura|Gavin Hood, director do filme gañador. Esta é unha lista dos filmes propostos na 78ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.

Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2004 e o 30 de setembro de 2005. A lista oficial de filmes aceptados incluíu 54 filmes. Costa Rica, Fiji e Iraq presentaron filmes por primeira vez.

Os cinco candidatos (Alemaña, Francia, Italia, Palestina e Suráfrica) anunciáronse o 31 de xaneiro de 2006. O filme Tsotsi de Gavin Hood gañou o premio, primeiro filme surafricano que recibiu o premio.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Sophie Scholl – Die letzten Tage Alemán Marc Rothemund El aura Castelán Fabián Bielinsky Caché Francés Michael Haneke Shyamol Chhaya Bengalí Humayun Ahmed L'Enfant Francés Jean-Pierre e Luc Dardenne Di buen día a papá Castelán Fernando Vargas Sasvim lično Serbocroata Nedžad Begović 2 Filhos de Francisco Portugués Breno Silveira Otkradnati ochi Búlgaro, turco Radoslav Spassov C.R.A.Z.Y. Francés Jean-Marc Vallée Štěstí Checo Bohdan Sláma Play Castelán Alicia Scherson Wu ji Mandarín Chen Kaige La sombra del caminante Castelán Ciro Guerra Welkeom tu dongmakgol Coreano Park Kwang-hyun Caribe Castelán Esteban Ramírez Ta divna splitska noć Serbocroata Arsen Anton Ostojić Viva Cuba Castelán Juan Carlos Cremata Malberti Adams æbler Dinamarqués Anders Thomas Jensen Slnečný štát Eslovaco, checo Martin Šulík Ruševine Esloveno Janez Burger Obaba Castelán Montxo Armendáriz Stiilipidu Estoniano Peeter Urbla Pear ta ma 'on maf Rotumano Vilsoni Hereniko Äideistä parhain Sueco, finés Klaus Härö Joyeux Noël Francés, alemán, inglés Christian Carion Nyfes[https://www.indiewire.com/article/with_national_pride_at_stake_foreign_language_films_compete_for_oscar_glory Indie Wire/ Inglés Pantelis Voulgaris Ru guo Mandarín, cantonés Peter Ho-Sun Chan Sorstalanság Húngaro, alemán Lajos Koltai Paheli Hindi Amol Palekar Gie Indonesio Riri Riza Kheili dour, Kheili nazdik Persa Reza Mir Karimi Marsiyeh barf Kurdo Jamil Rostami Í takt við tímann Islandés Ágúst Guðmundsson Eyzeh Maqom Nifla Hebreo, ruso, tagalo, inglés Eyal Halfon La bestia nel cuore Italiano Cristina Comencini Le Roman de Renart Francés Thierry Schiel Al otro lado Castelán, árabe Gustavo Loza The Cave of the Yellow Dog Mongol Byambasuren Davaa Vinterkyss Noruegués Sara Johnsen Bluebird Neerlandés Mijke de Jong Paradise Now Árabe, inglés Hany Abu-Assad Días de Santiago Castelán Josué Méndez Komornik Polaco Feliks Falk Cayo Castelán Vicente Juarbe Noite Escura Portugués, ruso João Canijo Moartea domnului Lăzărescu Romanés Cristi Puiu Italyanets Ruso Andrei Kravchuk San zimske noći Serbocroata Goran Paskaljević Be with Me Inglés, hokkien, mandarín, cantonés Eric Khoo Zozo Sueco, Árabe Josef Fares Tout un Hiver sans Feu Francés, albanés Greg Zglinski Tsotsi zulú, xhosa, afrikaans, inglés Gavin Hood Maha'lai muang rae Tailandés Jira Maligool Tiānbiān yìduǒyún Mandarín Tsai Ming-liang Sex o phalsapheh Taxico Mohsen Makhmalbaf Lovelorn Turco Yavuz Turgul Alma Mater Castelán Álvaro Buela 1888: El Extraordinario Viaje de Santa Isabel Castelán Alfredo Anzola Mùa len trâu Vietnamita Nguyen Vo Nghiem Minh Chi to Hone Xaponés, coreano Yoichi Sai Tbilisi, Tbilisi Xeorxiano Levan Zakareishvili

Cambios e controversias O filme candidato Paradise Now foi nomeado inicialmente como procedente de Palestina. Porén, despois de protestas de grupos proisraelís nos Estados Unidos, a Academia decidiu designar a proposta como da Autoridade Palestina, movemento que foi criticado por Hany Abu-Assad, director do filme. Durante a cerimonia de entrega dos premios, o filme foi anunciado polo presentador Will Smith como proposta dos Territorios Palestinos. Venezuela seleccionou 1888: El Extraordinario Viaje de Santa Isabel, mais o envío atrasado por unha demanda e pasou a data límite.Venezuela O Uruguai informou da elección de Alma Mater, mais finalmente só foi enviado aos premios Goya. O Nepal seleccionou Basain, mais debido a un cambio na data de estrea foi proposto o ano seguinte. Filipinas non propuxo ningún filme por primeira vez en dez anos. A Academia filipina indicou que pensaban que non foran convidados a participar porque a invitación oficial non chegou ao seu novo enderezo. Italia seleccionou inicialmente of filme Private, mais a Academia informou que o filme sería descualificado por non ser nunha lingua italiana. A Academia italiana apelou a decisión, mais finalmente seleccionou outro filme.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Official website of the Academy Awards

78 Categoría:Cinema en 2005