Mafalda Soto Valdés, nada en Ourense en 1982, é a fundadora e directora de “Beyond Suncare”, unha ONG adicada á mellora da calidade de vida das persoas con albinismo en África.

Traxectoria Mafalda Soto é licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid e especializada en Medicina Tropical e Saúde Internacional pola Universidade de Barcelona. Dende 2008 até 2017 traballou no desenvolvemento de proxectos sociosanitarios con colectivos desfavorecidos en África Oriental. En 2017 fundou a ONG Beyond Suncare que desenvolve accións para previr o cancro de pel e promover a inclusión social das persoas con albinismo en África. Esta ONG da apoio a 4000 persoas con albinismo en 4 países africanos e o seu modelo de servizos foi elixido Mellor Práctica polas Nacións Unidas.

Recoñecemento

Premio Avanzadoras 2021, outorgado polo diario 20 minutos e Oxfam Intermon, que ten como obxectivo visibilizar ás mulleres que constrúen un mundo máis xusto e igualitario.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Mafalda Soto en "Los ODS, de cine"

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1982 Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes