O dong (en vietnamita: đồng) é a unidade monetaria da República Socialista de Vietnam desde o 3 de maio de 1987."Dong". En Digalego. Dicionario de galego (Digalego.gal) O seu código ISO 4217 é VND e o seu símbolo monetario é ₫ ou đ."World Currency Symbols". Xe.com"Códigos de divisas por países". Iban.com O seu órgano emisor é o Banco Estatal de Vietnam."Banknotes & Coins". The State Bank of Vietnam.
O actual dong conserva a denominación da moeda dos extintos Vietnam do Norte e Vietnam do Sur, herdeira, pola súa vez, da piastra da Indochina Francesa."History of Vietnam Dong". Vietnamonline.comLetwin, B. (2014). "A Look at Vietnamese Currency Through History". Saigoneer.com
Anteriormente, o dong contaba con dúas moedas divisionarias: o hào, que era unha décima parte, e o xu, a centésima parte."Dong". En Münzen Lexikon (Reppa.de)
Historia
Vietnam do Norte miniatura|1 dong de Vietnam do Norte (1946) En 1946, o Goberno do Viet Minh (que posteriormente se converteu en Vietnam do Norte) introduciu a súa propia moeda, o dong, para substituír a piastra da Indochina francesa, cun valor á par. A partir dese momento houbo dúas revalorizacións, en 1951 e en 1959, a primeira cunha taxa de 100:1 e a segunda coa taxa de 1.000:1.
Vietnam do Sur miniatura|500 dong de Vietnam do Sur (1966) En 1953 emitíronse billetes con dupla denominación en piastras e en dong para o Estado de Vietnam, que se converteu en Vietnam do Sur en 1954. O 22 de setembro de 1975, logo da caída de Saigón, cambiouse a moeda survietnamita por unha nova denominada "dong da liberación'', equivalente a 500 dos antigos.
Vietnam unificado Logo da unificación de Vietnam, o dong unificouse tamén, o 3 de maio de 1978. Unha unidade deste novo dong era equivalente á do antigo dong do Norte ou a 0,8 do "dong de liberación de Vietnam do sur".
O 14 de setembro de 1985, o dong foi revalorizado, de xeito que un novo dong pasou a equivaler a 10 dos antigos. Nese momento comezou un ciclo de inflación crónica que continuou ata ben entrada a década de 1990.
Moedas Esta sección refírese unicamente ao dong do Vietnam unificado.
Primeiro dong En 1978 introducíronse moedas de aluminio, datadas en 1976, con valores faciais de 1, 2, e 5 hào, e de 1 dong. Estas moedas foron cuñadas na Casa da Moeda de Berlín, na daquela República Democrática Alemá, e amosan o emblema do Estado nos seus anversoa e o seu valor nos reversos. Por mor da inflación crónica, o valor destas moedas chegou a practicamente desaparecer e, a partir desta serie non circulou no país moeda ningunha durante máis de dúas décadas.
Segundo dong A partir de 1986 comezaron a producirse emisións de moeda conmemorativa en dong cuñadas en diversos metais e aliaxes (cobre, bronce, cuproníquel, prata e ouro), aínda que ningunha delas estaba destinada á circulación.
Mais o 17 de decembro de 2003, o Banco Estatal de Vietnam retomou a emisión de moeda para a súa posta en circulación. Esta nova serie, producida pola Casa da Moeda de Finlandia, compúñase dos valores de 200, 500, 1.000, 2.000 e 5.000 dong, de aceiro, nuns valores bañado en níquel e noutros en latón. Con anterioridade a esta reintrodución da moeda, os consumidores vietnamitas víanse obrigados a cambiar os seus billetes en fichas para accederen a servizos como, por exemplo, as máquinas expendedoras, o que eximía o Estado do alto custo de imprimir billetes de valores pequenos. Xa que logo, as novas moedas foron inicialmente ben acollidas pola poboación, que ao mesmo tempo amosaba a súa preocupación pola limitada cantidade de moedas de 200 dong en circulación, por mor das presións inflacionarias."Curious Vietnamese sneak a peek at no-tear notes, coins". En Viet Nam News. 19 de decembro de 2003.
Desde o comezo desta nova serie de 2003, o Banco Estatal tivo dificultades para xeneralizar a aceptación das moedas, malia o cesamento da produción de billetes de valores menores, ata o punto de que algúns bancos rexeitaron os depósitos en moedas. Esta situación obrigou a aprobar leis que obrigaban os bancos privados e municipais a faceren transaccións en moedas, en detrimento do uso dos valores inferiores en billetes. Paralelamente, a aceptación do uso das moedas por parte da poboación foi decaendo."Tại sao tiền xu không được ưa chuộng?". En VietStock. 5 de decembro de 2013. Finamente, o Banco Estatal de Vietnam cesou a súa distribución en 2011, aínda mantendo o seu curso legal."Nên thu hồi tiền xu khi giá trị thanh toán không còn". En NguNgười Đưa Tin. 27 de decembro de 2012.
ImaxeFacialDataAliaxeDiámetroGrosorPesoCantoAnversoReverso80x80px80x80px200 đ "200 đồng". Numista.com2003Ace. bañado en Ni20,0 mm1,4 mm3,1 gLisoEscudo de armas; CỘNG HÒA XÃ HỘI CHỦ NGHĨA VIỆT NAM ("República Socialista de Vietnam")Lenda común: NGÂN HÀNG NHÀ NƯỚC VIỆT NAM ("Banco Estatal de Vietnam")
Motivos centrais:
• 200 đ e 500 đ: valor.
• 1.000 đ templo Ðô.
• 2 .000 đ casa en Tay Nguyen.
• 5 .000 đ pagode Môt Côt.80x80px80x80px500 đ "500 đồng". Numista.com21,8 mm1,7 mm4,5 gEstriado alterno80x80px80x80px1.000 đ "1000 đồng". Numista.comAce. bañado en lat.19,7 mm1,9 mm3,7 gEstriado80x80px80x80px2.000 đ "2000 đồng". Numista.com23,5 mm1,7 mm5,0 gEstriado alterno80x80px80x80px5.000 đ "5000 đồng". Numista.comLat.25,5 mm2,2 mm7,6 gIndentado
Billetes
Primeiro dong Simultaneamente á introdución das primeiras moedas en 1978, nese mesmo ano púxose tamén en circulación a primeira serie de billetes, con valores de 5 hào e de 1, 5, 10, 20 e 50 dong, datados en 1976. En 1980 engadiuse o billete de 2 dong e en 1981 os de 30 e 100 dong. A forte inflación provocou a retirada destes billetes en 1985, que foran perdendo o seu valor progresivamente."Vietnam: Ngân hàng Nhà nước Việt Nam". Banknote.com
Segundo dong
No mesmo 1985 reintroduciuse unha nova serie composta polos mesmos valores, aos que se lles engadiu o superior de 500 dong, mais a incesante inflación levou consigo a súa rápida substitución, en 1987, por unha nova con billetes de 200, 1.000, 2.000 e 5.000 dong, á que se lle engadiron outros valores en series sucesivas: os de 10.000 e de 50.000 dong en 1990, o de 20.000 dong en 1991, o de 100.000 dong en 1994, o de 500.000 en 2003 e o de 200.000 dong en 2006."500,000 Vietnamese Dong: The Story of a Historic Banknote". Banknote World.
Deste segundo dong apareceron cinco series. Bardante a iniciada en 2003, a carencia de temas unificados e de coordinación nos seus deseños provocou moita confusión na poboación. Na táboa que se amosa a seguir figuran os derradeiros billetes, con valor de 100 dong ou superior, que estiveron en circulación antes da serie vixente (todos estes billetes foron retirados da circulación).
ImaxeFacialDataDimensiónsCor principalAnversoReverso100 đ "100 đồng 1991". Banknote.ws1991120×60 mmMarrón VerdeEscudo de armasTemplo de Phổ Minh200 đ "200 đồng 1987". Banknote.ws1987130×65 mmLaranxaHo Chi MinhProdución agraria500 đ "500 đồng 1988". Banknote.ws1988130×65 mmRosaPorto Haiphong1.000 đ "1000 đồng 1987". Banknote.ws134×65 mmMulticolorProdución madeireira2.000 đ "2000 đồng 1988". Banknote.ws134×65 mmMulticolorFactoría téxtil5.000 d "5000 đồng 1991". Banknote.ws1991134×65 mmAzulCentral hidroeléctrica de Trị An10.000 đ "10000 đồng 1993". Banknote.ws1993140×68 mmVermelloBaía Hạ Long20.000 đ "20000 đồng 1991". Banknote.ws1991140×68 mmAzulIndustria conserveira50.000 đ "50000 đồng 1994". Banknote.ws1994140×68 mmVerdePorto de Nhà Rồng100.000 đ "100000 đồng 1994". Banknote.ws145×71 mmMarrónCasa étnica Ho Chi Minh
Billetes de polímero en circulación En 2003 Vietnam comezou a substituír os billetes feitos en papel de algodón por outros de polímero plástico, sobre a base de que isto traería consigo unha redución dos custos de produción. Numerosos xornais do país criticaron estes cambios e acusaron a familiares do presidente do Banco Estatal de lucrárnse cos contratos das novas impresións."Vietnam censorship concern grows". BBC News. 21 de outubro de 2006. ImaxeFacialDataDimensiónsCor principalAnversoReverso100x100px100x100px10.000 đ "10.000 đồng 20056-2020". Banknote.ws2006 a
2020132×60 mmMarrón AmareloHo Chi MinhPlataforma marítima100x100px100x100px20.000 đ "20.000 đồng 2006-2020". Banknote.ws136×65 mmAzulPonte cuberta en Hội An100x100px100x100px50.000 đ "50.000 đồng 2003-2020". Banknote.ws2003 a
2020140×65 mmRosaHuế100x100px100x100px100.000 đ "100.000 đồng 2004-2020". Banknote.ws2004 a
2020144×65 mmVerdeTemplo da literatura, Hanoi100x100px100x100px200.000 đ "200.000 đồng 2006-2020". Banknote.ws2006 a
2020148×65 mmVermelloBaía de Hạ Long100x100px100x100px500.000 đ "500.000 đồng 2003-2020". Banknote.ws2003 a
2020152×65 mmCiano PúrpuraLugar de nacemento de Ho Chi Minh's en Kim Liên
En 2001 emitiuse un billete de polímero de 50 dong conmemorativo do 50 aniversario do Banco Estatal de Vietnam, aínda que o seu valor facial é tan baixo que na realidade só está destinado ao coleccionismo."50 đồng 2001 50th Anniversary National/State Bank of Vietnam". Banknote.ws En 2016 emitiuse outro billete, esta vez de 100 dong e fabricado en papel de algodón, conmemorativo do 65 aniversario da mesma entidade."100 đồng 2016 65th Anniversary National Bank of Vietnam". Banknote.ws
Desvalorización do dong Logo da revalorización do dólar de Cimbabue o 1 de agosto de 2006,"Zimbabwe money loses three zeros". En BBC News. 31 de xullo de 2006. o dong converteuse na unidade monetaria menos valorada do mundo durante meses. Porén, o 7 de setembro de 2007, o revalorizado dólar cimbabuense recuperou a súa posición como moeda menos valorada, en termos de taxa de troco (no mercado negro xa o era desde marzo dese ano). Logo do cesamento do uso do dólar cimbabuense o 12 de abril de 2009,"Zimbabwe Suspends Use of Own Currency ". En VOA News. 11 de novembro de 2009. o dong vietnamita pasou a ser a segunda unidade monetaria menos valorada, despois do rial iraniano, o 28 de novembro de 2014. Desde o 19 de xuño de 2014, o dong fora desvalorizado cinco veces, nun esforzo por estimular as exportacións do país e garantir a estabilidade da moeda."Vietnamese Dong Devaluations 2014-2016". Global Currency Reset.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991. (18ª ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-150-1 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9
Ligazóns externas Banco Estatal de Vietnam (Ngân hàng Nhà nước Việt Nam)
Categoría:Moedas de Vietnam Categoría:ISO 4217