Justo Prada López, nado en Vilamartín de Valdeorras o 7 de agosto de 1882 e finado en Xixón o 20 de novembro de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Obtivo o título de mestre de primeira ensinanza elemental en Ourense en 1906.La Correspondencia Gallega, 15-5-1907, p. 2. Foi nomeado mestre de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) en novembro de 1923,El Compostelano, 30-11-1923, p. 2. e despois foi mestre de Viloira (O Barco de Valdeorras) e Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Membro da Sociedad Agraria de Trabajadores do Barco de Valdeorras e militante do PSOE dende 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao Comité Revolucionario de Vilamartín de Valdeorras facendo fronte á sublevación militar ata o 21 de ese cando escapou aos montes de León. Permaneceu no monte ata o 7 de agosto que chegou a Asturias por San Antolín de Ibias (Ibias). Foi cociñeiro das milicias ata que en novembro de 1936 se trasladou a Xixón reclamado como mestre. Estivo destinado na escola de Llorío (Laviana) e despois en San Ignacio de Ponga (Ponga). En febreiro de 1937 afiliouse á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT de Asturias e ao Partido Comunista de España. Logo da caída de Asturias en outubro de 1937 foi detido e condenado a morte en consello de guerra o 9 de novembro. Foi executado en Xixón o 20 de novembro.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos