María Luisa Pérez-Soba y Baró, nada en Burgos en 1930 e finada na Coruña en 2021, foi a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia.

Traxectoria María Luisa Pérez-Soba criouse en Galicia onde estaba destinado o seu pai, militar. Logo marchou a Madrid a estudar a carreira de enxeñería entre 1954 e 1959, sendo a quinta enxeñeira agrónoma de toda España. Formou parte dunha promoción eminentemente masculina na que so había dúas mulleres.

Posteriormente, desenvolveu a súa carreira profesional na administración ata a súa xubilación, desempeñando diversos cargos, entre eles o de xefa provincial do servizo de industrias e comercialización agroalimentaria e delegada provincial en funcións da Consellería de Agricultura. Tamén foi unha das impulsoras da creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, sendo secretaria da sede coruñesa entre 1962 e 1975.

Foi a primeira muller enxeñeira agrónoma de Galicia e a quinta de España.

Recoñecementos En 2021 foi homenaxeada pola comisión de igualdade de xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Blanco, Isabel (2021). Galegas na ciencia. Editorial Belagua. Ilustracións de María Lapido. ISBN 978-84-12-14336-2. Outros artigos Historia das mulleres na enxeñaría

Ligazóns externas

Relatorio sobre María Luisa Pérez-Soba

Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2021