Marie-Thérèse Camille Senghor Basse, nada en Rufisque o 20 de marzo de 1930 e finada en 2019, foi unha doutora senegalesa.

Traxectoria

Dirixiu o Centre de protection maternelle et infantile (Centro de Protección da Nai e do Neno) e traballou como representante do Senegal na Organización para a Alimentación e a Agricultura das Nacións Unidas desde 1961 a 1966. Despois diso regresou a Senegal co seu marido Edouard Camille Basse, o embaixador do Senegal en Italia, e traballou dous anos como inspectora na Escola de Medicina de Dakar. En 1968 Basse fundou o Institut de Technologie Alimentaire (Instituto de Tecnoloxía Alimentaria) do Senegal onde investigou o procesamento de froitas, vexetais, cereais, e produtos animais. Ademais, Basse apareceu con frecuencia na televisión nacional senegalesa promovendo o "consumo de alimentos locais". Basse tamén foi membro fundador da sección senegalesa da Comunidade Cultural Africana, unha organización fundada por Wole Soyinka que procura axudar a artistas e intelectuais africanos a adaptarse aos desafíos únicos da era moderna. Notas

Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en 1930 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades do Senegal Categoría:Médicos Categoría:Nados no Senegal