O quileute,Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student's Handbook, Edinburgh tamén coñecido como quillayute, foi a última lingua chimakuana que foi falada até finais do século XX polo pobo quileute. Foi falada por uns poucos anciáns na década de 1977 e en 1999 morreu o derradeiro falante nativo,Mithun, The Languages of Native North America os cales habitaban na península Olímpica en cabo Flattery en La Push e o río Hoh, no estado de Washington, nos Estados Unidos. O nome quileute provén de kʷoʔlí·yot’ (kʷoʔléːjotʼ), o nome dunha vila en La Push. O quileute está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O quileute é famoso pola súa carencia de consoantes nasais, como o , o , ou vogais nasais, un trazo característico do estreito de Puget. O quileute é unha lingua polisintética e as palabas poden ser bastante longas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Quileute Nation: The Quileute Language Quileute Language Dictionary

Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas mortas de América do Norte