A LU-617 (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Monforte de Lemos e Belesar (Chantada); atravesa os concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Chantada. Ten unha lonxitude de 24,95 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-664 en Monforte de Lemos e finaliza nun cruzamento coa LU-533 en Belesar (Chantada).
Notas
Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Lugo Categoría:Monforte de Lemos Categoría:Pantón Categoría:O Saviñao Categoría:Chantada