Léon Gaston Seurat, nado en Châlons-en-Champagne o 27 de abril de 1872 e finado en Bir Mourad Raïs (Alxeria) o 5 de xullo de 1949, foi un zoólogo, naturalista, parasitólogo e profesor universitario francés.Seurat, Léon Gaston (1872-1949) en www.idref.fr. coñecido polas súas investigacións sobre a fauna nativa da Polinesia Francesa e do norte de África.
Traxectoria En 1899 presentou a súa tese de doutoramento sobre himenópteros entomófagos na Universidade de París. Desde 1902 a 1905 traballou como naturalista nos mares do sur, sobre todo nas illas Tuamotu e Gambier.IDREF.fr bibliography En maio de 1906 comezou a traballar como zoólogo no laboratorio da Biologie appliquée aux colonies.Archive.org Full text of "Bulletin du Museum national d'histoire naturelle" Máis adiante foi nomeado profesor de Zooloxía na Universidade de Alxer.
Algunhas publicacións Observations sur la Structure, la Faune et la Flore de l'Ile Marutea du Sud, 1903. Observations sur l'évolution de l'huître perlière des Tuamotu et des Gambier, 1904. Observations sur quelques îles orientales de l'Archipel Tuamotu, 1904. Tahiti et les établissements français de l'Océanie, 1906. Sur un nouvel Ophiostonum parasite du Gundi, 1915. Sur deux nouveaux Spiroptères des carnivores, 1915. Physaloptères des Mammifères du Nord-Africain, 1917. Faune des eaux continentales de la Berbérie, 1921. Exploration zoologique de l'Algérie de 1830 à 1930, 1930. Exploration zoologique des côtes de l'Algérie de 1724 à 1930, 1930. Exploration zoologique des côtes de l'Algérie orientale secteurs de Bône et de La Calle, 1937. Faune des eaux continentales de la Tunisie (eaux superficielles), 1944.
Honores Epónimos Varios taxons foron nomeados na súa honra, entre eles Acomys seurati, Perinereis seurati, unha especie de anélido descrita por Charles Gravier en 1905, e Calcinus seurati, un crustáceo descrito en 1951 por Jacques Forest.iNaturalist.org Seurat's Hermit Crab
Abreviatura A abreviatura Seurat emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía e botánica.Seurat – Léon Gaston Seurat (1872-1949) no IPNI.
Notas
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Profesores da Universidade de Alxer Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1949