Wuchereria bancrofti é unha especie de verme nematodo da clase dos secernénteos, orde dos espirúridos, familia dos oncocércidos, a única incluída no xénero Wuchereria.

É é un parasito exclusivo dos humanos, cuxa presenza nos vasos linfáticos ocasiona unha filariose coñecida como filariose de Bancroft, que é a filariose linfática máis estendida e máis importante.

As súas formas larvais chámanse microfilarias, e as adultas macrofilarias.

Taxonomía

Tanto o xénero como a especie foron descritas en 1921 polo zoólogo e parasitólogo francés Léon Gaston Seurat.

Morfoloxía Son vermes pequenos e brancos, translúcidos, con aspecto de finos fíos de catgut. Os machos miden 4 cm de lonxitude, e o extremo posterior está enrolado; as femias alcanza os 10 cm,e o seu diámetro é 1/400 da súa lonxitude. As larvas teñen 300 μm de longo e 8 μm de diámetro, o espazo cefálico é curto —de 4 μm— e o extremo caudal é cónico, sen protuberancias.Golvan, Y.-J. (1983): Eléments de parasitologie médicale. París: Flammarion. ISBN 2-2571-2589-4, pp. 85 e 88-92.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Secernénteos Espirúridos Filaria

Categoría:Nematodos Categoría:Parasitos