O Museo Finlandés do Boxeo (en finés Suomen nyrkkeilymuseo) é un museo situado na rúa Aleksanterinkadulla, no centro da cidade de Tampere, Finlanida. O museo recompila, preserva e presenta materiais relacionados co boxeo. O museo abriu as súas portas en 1991, e está administrado pola Tampereen Voimailuseura (en galego Club de Ximnasia de Tampere). O museo funciona coa axuda de forzas de apoio, polo que normalmente só é visitable se se organiza unha visita. Dende 2014 o museo está aberto a todo o mundo cada primavera en relación coa Noite dos Museos de Tampere.

A colección do Museo do Boxeo inclúe máis de 10 000 obxectos, dos cales 2 000 están exhibidos no museo. A exhibición amosa fotografías, pósters, revistas e libros relacionados co boxeo, así como medallas, premios e recordos de todo o mundo. A sección de uniformidade informa sobre o desenvolvemento do equipamento e os accesorios. Os obxectos máis antigos do museo son os selos con temática do boxeo dos Xogos Olímpicos de 1896 celebrados en Atenas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do museo

Boxeo