Marsilea é un xénero de pteridófitas da clase das polipodiópsidas e orde das salviniais, que é o tipo da familia das marsileáceas.Marsilea L. no GBIF. Consultado o 26 de febreiro de 2021.

O xénero comprende unhas 65 especies de fentos acuáticos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1753 por Linneo, na páxina 1099, do vilume II da 1ª edición da súa obra Species Plantarum.

Sinónimos Ademais de polo protónimo cuñado por Linneo e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimos: Lemma Juss. ex Adans. Spheroidea Dulac Zaluzianskia Neck.

Etimoloxía O nome científico Marsilea foi unha homenaxe que Linnaeus lle fixo ao conde Luigi Ferdinando Marsigli (en latín, Marsilius) naturalista italiano falecido en 1730.Marsilea no Merriam-Websbter Dictionary.

Especies Segundo a base de datos The Plant List, recoñécense as seguintes especies:Marsilea en The Plant List. Consultada o 26 de febreiro de 2021.

Marsilea aegyptica Willd. Marsilea ancyclopoda A.Braun Marsilea apposita Launert Marsilea burchellii A.Braun Marsilea capensis A.Braun Marsilea coromandelina Willd. Marsilea crenata C.Presl Marsilea crotophora D.M. Johnson Marsilea deflexa A.Braun Marsilea distorta A.Braun Marsilea drummondii A.Braun Marsilea ephippiocarpa Alston Marsilea farinosa Launert Marsilea fenestrata Launert Marsilea hirsuta R. Br. Marsilea macrocarpa C.Presl Marsilea macropoda Engelm. ex A.Braun Marsilea minuta L. Marsilea mollis B.L. Rob. & Fernald Marsilea mutica Mett. Marsilea nubica A.Braun Marsilea oligospora Goodd. Marsilea quadrifolia L. Marsilea schelpeana Launert Marsilea unicornis Launert Marsilea vera Launert Marsilea vestita Hook. & Grev. Marsilea villifolia Brem. & Oberm. ex Alston & Schelpe Marsilea villosa Kaulf.

Porén, o ITIS só recoñece as seguintes:Marsilea L. no ITIS. Consultado o 26 de febreiro de 2021.

Marsilea ancylopoda A. Braun Marsilea crenata C. Presl Marsilea hirsuta R. Br. Marsilea macropoda Engelm. ex A. Braun Marsilea minuta L. Marsilea mollis B.L. Rob. & Fernald Marsilea mutica Mett. Marsilea oligospora Goodd. Marsilea polycarpa Hook. & Grev. Marsilea quadrifolia L. Marsilea vestita Hook. & Grev.

Características Son pequenas plantas de aspecto infrecuente, xa que non se parecen aos fentos comúns. Os nomes vulgares dalgunhas especies inclúen trevo de auga e trevo de catro follas, debido a que as frondes presentan catro lóbulos semellantes ao trevo, e están presentes sobre a auga ou mergullados nela.

Os esporocarpos dalgunhas especies australianas son moi resistentes á seca, sobrevivindo até 100 anos en condicións de extrema sequidade. Ao mollarse, o interior xelatinoso do esporocarpo incha, dividíndoo e liberando unha masa semellante a un verme que leva os soros, levándose finalmente a cabo a xerminación das esporas e a fecundación.

Usos Como alimento Os esporocarpos dalgunhas especies australianas, como Marsilea drummondii, son comestíbeis e foron comidos polos aborixes e os primeiros colonos brancos, que o coñecían co nome de ngardu ou nardoo. Partes de Marsilea drummondii conteñen unha enzima que destrúe a tiamina (vitamina B1), provocando danos cerebrais en ovellas e cabalos. Durante as inundacións na conca do río Gwydir morreron 2 200 ovellas despois de comer nardoo. Con todo, as tres cuartas partes das ovellas afectadas responderon ás inxeccións de tiamina.Watt, Bruce (2009): Managing the land – Toxic Plants, Pro Grazier, Winter, MLA. A deficiencia de tiamina dun nardoo mal preparado provocou probablemente a fame e a morte de Burke e Wills.

As follas de Marsilea crenata forman parte da cociña xavanesa oriental de Indonesia, especialmente na cidade de Surabaya. Chámase Pecel Semanggi e sérvese con salsa picante de cacahuete e batata.

Como ornamento Algunhas especies do xénero, como Marsilea crenata, Marsilea exarata, Marsilea hirsuta e Marsilea quadrifolia, cultívanse en acuarios.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Waterclover. Marsilea na EOL.

Categoría:Salviniales Categoría:Taxons descritos por Linné