José Besteiro Fariñas, alcumado Portu, nado en Vigo o 23 de marzo de 1930 e finado en Alcalá de Guadaíra o 29 de novembro de 2007, foi un futbolista galego.
Desenvolveu a súa carreira deportiva en Andalucía, onde se converteu nun histórico do Betis, sendo o único xogador do equipo sevillano en subir dende a Terceira División ata a Primeira.
Traxectoria Naceu en Vigo e aos 3 anos instalouse coa súa familia en Sevilla.
En 1950 Pepe Valera fichouno para o Juventud Balompié, filial do Betis. O 26 de abril de 1952 debutou co primeiro equipo no campo de San Eufrasio fronte ao Iliturgi de Andújar, nun partido da Copa Andalucía. Xogou durante unha década no Betis, dende a Terceira División ata a Primeira, sendo o único futbolista do club en participar dos dous ascensos de 1954 e 1958. En 1959 foi o encargado de marcar a Pelé no partido que o Betis xogou contra o Santos no Estadio de Heliópolis.
En 1960 fichou polo Cádiz, co que xogou dúas tempadas en Segunda División, antes de retirarse do fútbol.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Carta da revista Verde y Blanco a Portu na súa despedida .
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1930 Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Finados en 2007