Charles-François Brisseau de Mirbel, nado o 27 de marzo de 1776 en París, e finado o 12 de setembro de 1854 en Levallois-Perret, Illa de Francia, foi un botánico e político francés.
Traxectoria Aos 20 anos converteuse en naturalista axudante no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. En 1802 publicou un importante Traité d'anatomie et de physiologie végétales, o que fixo que fora consideralo o pai da citoloxía, a histoloxía e a fisioloxía das plantas. En 1803 obtivo o posto de administrador dos xardíns do Château de Malmaison, de París. As súas publicacións valéronlle para, en 1808, ingresar na Academia de Ciencias de Francia e obter a cátedra de Botánica na Sorbona.
Durante a Restauración, o seu amigo Élie Decazes, ministro da Policía en 1815 e presidente do Consello de Ministros de Lois XVIII en 1819, ofreceulle un posto de Secretario Xeral. Pero a caída do goberno en 1829, preludio da Revolución de 1830, marcou o fin das súas ambicións políticas e obtivo unha cadeira no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
A súa segunda esposa, Lizinska de Mirbel (de solteira Lizinska Aimée Zoé Rue), foi unha famosa miniaturista nos círculos da Corte.
Algunhas publicacións Histoire naturelle, générale et particulière de plantes, 1802-1806. Exposition de la théorie de l'organisation végétale, 1809. Traité d'anatomie et de physiologie végétale, 1813. Éléments de physiologie végétale et de botanique, 1815.
Honores Foi membro da Membro da Academia de Ciencias de Francia, da Royal Society e da Academia Leopoldina, e cabaleiro da Légion d'Honneur.
En 1877, unha parte da rúa de l'Abbé-de-l'Épée no 5e arrondissement de París pasou a denominarse rúa de Mirbel na súa honra.
Eponimia O xénero Mirbelia Sm. 1805 foi nomedo no seu honor.
Abreviatura A abreviatura Mirb. emprégase para recoñecer a Charles-François Brisseau de Mirbel como autoridade na descrición e taxonomía en botánica. Mirb. – Charles François Brisseau de Mirbel (1776-1854) no IPNI.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gillispie, Charles Coulston, ed. (1970): "Mirbel, Charles Francois Brisseau De (1776-1854)" Dictionary of Scientific Biography: Volumes I-XIV. Nova York: Charles Scribner's Sons.
Ligazóns externas Lista dos taxons descritos por Charles François Brisseau de Mirbel no IPNI.
Categoría:Nados en 1776 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1854 Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Profesores da Universidade de París Categoría:Membros estranxeiros da Royal Society