Pterocladiella capillacea é unha especie de rodófita (alga vermella) da clase das florideofíceas, subclase das rodimeniofícidas e familia das pterocladiáceas, unha das numerosas incluídas no xénero Pterocladiella.Pterocladiella capillacea (S.G.Gmelin) Santelices & Hommersand, 1997 no WoRMS. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1997 polos ficólogos Bernabé Santelices (chileno) e Max H. Hommersand (estadounidense).
Sinónimos Ao longo do tempo, a especie coñeneuse tamén polos numerosos sinónimos: <small>
Cornea capillacea (S.G.Gmelin) Stackhouse, 1809 Fucus capillaceus S.G.Gmelin, 1768 (protónimo) Fucus corneus var. pinnatus (Hudson) Goodenough & Woodward, 1797 Fucus pinnatus Hudson, 1762 Gelidium capillaceum (S.G.Gmelin) Meneghini, 1854 Gelidium corneum f. clavatum Ardissone, 1874 Gelidium corneum var. capillaceum (S.G.Gmelin) Greville, 1830 Gelidium okamurae Setchell & N.L.Gardner, 1937 Gelidium pyramidale N.L.Gardner, 1927 Gigartina cornea var. capillacea (S.G.Gmelin) S.F.Gray, 1821 Pterocladia capillacea (S.G.Gmelin) Bornet, 1876 Pterocladia complanata N.H.Loomis, 1949 Pterocladia densa Okamura, 1934 Pterocladia lindaueri K.C.Fan, 1961 Pterocladia mexicana W.R.Taylor, 1945 Pterocladia okamurae (Setchell & N.L.Gardner) W.R.Taylor, 1945 Pterocladia pinnata (Hudson) Papenfuss, 1950 Pterocladia pyramidalis (N.L.Gardner) E.Y.Dawson, 1945 Pterocladia robusta W.R.Taylor, 1945 Sphaerococcus capillaceus (S.G.Gmelin) Naccari, 1828a Sphaerococcus corneus var. capillaceus (S.G.Gmelin) C.Agardh, 1822
</small>
Catacteríasticas miniatura|Pterocladia robusta =Pterocladiella capillaceaLámina de 1945 É unha alga de cor vermella escura, purpúrea, rosa e ás veces apardazada, de até 20 ou 30 cm de altura e consitencia cartilaxinosa. O eixe, que aparece prostrado, é cilíndrico, de 2 a 4 cm de diámetro, está fixado por filmentos rastreiros ao substrato, dos que saen varios eixes erectos, aplanados, espidos na base, cilíndrico (de 4 mm de diámetro) ou esmagados, que forman o fronde de até 30 cm e ramificados irregularmente: algúns eixes non están ramificados, mentres que outros estáno tres ou catro veces, con ramificacións opostas ou alternas, que producen frondes de contorno triangular, bi ou tripinnados, con pínnulas que diminúen de lonxitude cara ao ápice. Os gametófitos son dioicos. Os esporocarpos fórmanse na superficie do talo, en zonas que perden a cor, e presentan contorno irregular. Os cistocarpos son uniloculares; os tetrasporanxios son ovoides ou semiesféricos e aparecen nas últimas ramas, que adoitan teren aspecto espatulado.
Hábitat Pterocladiella capillacea é unha especie epilítica (é dicir, que vive adherida ás rochas), que habita nas pozas intermareais grandes e nas zonas mesolitorais e sublitorais, até os 2 m de profundidade.Pterocladiella capillacea en AsturNatura.
Distribución É unha especie común nos mares temperados, estendéndose até os subtropicais,Womersley, H. B. S. & Guiry, M. D. (1994)): "Order Gelidiales Kylin 1923": 132. en: The marine benthic flora of southern Australia. Part IIIA. Bangiophyceae and Florideophyceae (Acrochaetiales, Nemaliales, Gelidiales, Hildenbrandiales and Gigartinales sensu lato). Womersley, H. B. S., ed. Canberra: Australian Biological Resources Study. ISBN 0-6421-9806-3, pp. 118-142. desde as illas Británicas até a África occidental, no Atlántico oriental (incluído o Mediterráneo), a Arxentina e o Uruguai, no Atlántico occidental, e Vietnam e o Xapón, no Pacífico.
En Galicia Nas costas galegas, desde Ribadeo até A Guarda, atópase formando matas flexíbeis nas pozas intermareias profundas na zona mesolitoral media en áreas expostas ou semiexpostas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía González, Concepción, Óscar García Álavarez e Luís Míguez Rodríguez (1998): Algas mariñas de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-263-X. Guiry, M. D. & Guiry, G. M. (2019): Pterocladia capillacea (S.G.Gmelin) Bornet 1876. En AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultada o 23 de febreiro de 2021. Santelices, B. & Hommersand, M. (1997): "Pterocladiella, a new genus in the Gelidiaceae (Gelidiales, Rhodophyta)". Phycologia 36''' (2): 114–119.
Outros artigos Xelidiais Pterocladiáceas Pterocladiella''
Ligazóns externas Pterocladiella capillacea (S.G.Gmelin) Santel. & Hommers. no GBIF.
Categoría:Xelidiais