José Luís Moure Alonso, máis coñecido como Many Moure, nado en Matamá (Vigo) en 1957, é un baixista, guitarrista e cantante galego.
É coñecido principalmente por ser o baixista e membro fundador do grupo Los Toreros Muertos, da movida madrileña, ademais de ter tocado noutros grupos e en solitario.
Traxectoria Naceu na parroquia viguesa de Matamá e aos 4 anos marchou coa súa familia para Alemaña, preto da Selva Negra, onde viviu ata os 17 anos, cando volveu a Galicia. Pouco despois marchou a Madrid, onde comezou a tocar nalgúns grupos e a rexentar locais musicais.
Formou parte das bandas Rubi y Los Casinos e Palmera pero a fama chegoulle tras fundar xunto a Pablo Carbonell e Guillermo Piccolini o grupo Los Toreros Muertos. Publicaron catro álbums de estudio ata 1992. Tras unha tempada de inactividade volveron reunirse en 2007, continuando o grupo activo dende entón.
En 2016 publicou un disco en solitario poñéndolle música a unha selección de poemas do escritor cubano Nicolás Guillén.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pablo Carbonell Los Toreros Muertos
Ligazóns externas
Biografía, recensións e discografía de Los Toreros Muertos en lafonoteca Sitio Oficial de Los Toreros Muertos .
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1957 Categoría:Movida madrileña Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Baixistas de Galicia Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes