A Sociedade Numismática de Israel (en hebreo: החברה הנומיסמטית בישראל) é unha entidade numismática de carácter científico e cultural, sen ánimo de lucro, fundada en Tel Aviv en 1945, que reúne as persoas afeccionadas ao estudo e ao coleccionismo de moedas, medallas e outros obxectos afíns de Israel.

A SNI ten dúas ramas, unha en Tel Aviv e outra en Haifa, nas que se desenvolven simposios anuais e conferencias e seminarios mensuais, así como encontros periódicos de carácter informal."Home". The Israel Numismatic Society.

O seu presidente é Haim Gitler."Officers of the INS". The Israel Numismatic Society.

Historia As orixes da Sociedade Numismática de Israel remóntanse á creación, en 1945, da Sección Numismática do Círculo de Afeccionados ás Antigüidades de Tel Aviv, baixo a presidencia dun dos seus impulsores, o arquitecto David Nudelman, de orixe checoslovaca. En 1947, os membros desa sección numismática decidiron escindirse da súa matriz e constituíron a Sociedade Numismática de Israel.Kindler, A. (2007). Páxinas 5-6.

Os primeiros anos de existencia da Sociedade correron en paralelo cos do propio Estado de Israel, fundado en 1948, que declarou a SNI como órgano asesor en materia numismática. De feito, dous dos seus membros, Leo Kadman e Hanan Pavel, foron os autores dos deseños das primeiras moedas cuñadas polo novo Estado.Kindler, A. (2007). Páxina 6.

miniatura|159x159px|Cuño postal especial da 1ª Convención Numismática de Israel, organizada en 1951 pola Sociedade Numismática de Israel.

Logo deses primeiros anos de funcionamento, os días 30 e 31 de marzo de 1951 a Sociedade Numismática de Israel organizou en Haifa o primeiro encontro numismático de carácter nacional. E no ámbito internacional, unha representación da Sociedade interveu no Congreso Internacional de Numismática celebrado en París en 1953.Kindler, A. (2007). Páxina 8.

En 1954 comezou a primeira serie de publicacións da Sociedade, baixo o título de Numismatic Studies and Researches, composta por traballos dos seus asociados, e deu comezo o ambicioso proxecto Corpus Nummorum Palestinensium, do que se chegaron a publicar 18 volumes. Entre 1963 e 1966 editouse tamén a publicación periódica Israel Numismatic Journal.Kindler, A. (2007). Páxina 9. Entre 1967 e 1973 saíu á luz unha nova publicación periódica, en lingua hebrea, titulada Alon.Kindler, A. (2007). Páxina 12.

En 1963, a SNI organizou en Xerusalén a primeira edición da Convención Numismática Internacional, baixo os auspicios da Comisión Internacional de Numismática.Kindler, A. (ed.) (1967). International Numismatic Convention, Jerusalem, 27-31 December 1963: The Patterns of Monetary Development in Phoenicia and Palestine in Antiq-uity. Stocken Pub., Tel Aviv.Kindler, A. (2007). Páxina 10. En 1983 e en 1988, a Sociedade Numismática de Israel foi a organizadora de dúas novas edicións da Convención Numismática Internacional.Kindler, A. (2007). Páxina 14.

A mediados da década de 1970, a oposición da Sociedade Numismática de Israel, liderada polo seu presidente, Dan Barag, conseguiu a retirada dunha lei inicialmente aprobada polo Goberno que prohibía o comercio de antigüidades no país.

O 7 de decembro de 2006 aprobáronse uns novos estatutos da entidade."Rules and Regulations (Charter)". The Israel Numismatic Society. A partir dese momento apareceu unha nova publicación periódica de carácter científico, titulada Israel Numismatic Research,"Israel Numismatic Research". The Israel Numismatic Society. e reactivouse tamén a publicación de monografías de carácter numismático."Other Publications". The Israel Numismatic Society.

Obxectivos Consonte os estatutos da Sociedade Numismática de Israel, os seus obxectivos son os seguintes:

Fomento da investigación numismática entre as institucións israelís e entre os particulares. Realización de congresos e simposios científicos sobre temas numismáticos. Coordinación con institucións similares doutros países e co Consello Internacional de Numismática. Colaboración con outras entidades académicas israelís en campos tanxenciais. Publicación periódica dun xornal científico e de estudos relativos á numismática.

Premios A Sociedade Numismática de Israel concede dous premios:

Premio Leo Kadman: outorgado desde 1967 con carácter bianual para recoñecer a numismáticos polas súas publicacións sobre a moeda de Israel. Entre os seus receptores están Kanael, Kindler, Meyshan, Klimowsky, Avi-Yonah, Meshorer e Mildenberg."The Leo Kadman Prize". En The Numismatic Chronicle. 7ª serie. Vol. 8. 1968. Royal Numismatic Society. Premio Arie Kindler: establecido en 2003 pola rama da SNI en Tel Aviv. Entre os galardoados están Barag, Barkay, Rafi Dvir, Haim Gitler, Spaer, Oren Tal e David Schaps.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kindler, A. (2007). "The History of the Israel Numismatic Society". En Israel Numismatic Research. Nº 2. Páxinas 5-15.

Outros artigos Lista de asociacións numismáticas

Ligazóns externas Sitio web da Sociedade Numismática de Israel Sitio web da rama de Tel Aviv da Sociedade Numismátiva de Israel

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura de Israel Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro