Max H. Hommersand, nado o 10 de xullo de 1930 no Condado de San Diego, California, é un biólogo estadounidense especializado en ficoloxía .
Traxectoria Recibiu o seu BA na Universidade de California en Berkeley en 1954, e o seu doutoramento nesa mesma institución en 1958, cunha tese titulada “Morphological studies in the Ceramiaceae and Rhodomelaceae” (Estudos morfolóxicos das Ceramiáceas e as Rodomeláceas).
A área de investigación de Hommersand é a morfoloxía, a sistemática e a bioxeografía das algas mariñas, con énfase nas algas vermellas. Ten unha colección de máis de trinta mil exemplares de algas mariñas para o seu uso en estudos de desenvolvemento.
O doutor Hommersand é o conservador de algas da Universidade de Carolina do Norte, no Chapel Hill Herbarium (NCU). En 1997, xunto co biólogo chileno Bernabé Santelices, describiu un novo xénero de algas da familia das pterocladiáceas, Pterocladiella.
En 2013 a National Science Foundation financiou o Macroalgal Digitization Project (Proxecto de dixitalización macroalgal) co obxectivo de reunir imaxes, catalogar e xeorreferenciar máis de 1,1 millóns de exemplares de algas de 49 herbarios de toda América do Norte. O NCU está a contribuír a ese esforzo e os seus exemplares están dispoñíbeis en macroalgae.org.
En 2006 Kari Kozak, William R. Burk e Ian Ewing da John N. Couch Biology Library da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill recompilaron a bibliografía das publicacións de Hommersand.
Epónimos Entre as especies nomeadas en honra de Max Hommersand inclúense:
Centroceras hommersandii Won, T.O. Cho & Fredericq. Dichotomaria hommersandii S.-L. Liu & Show M. Lin. Gelidium hommersandii A.J.K. Millar e D.W. Freshwater Gracilariopsis hommersandii Gurgel, Fredericq e J.N. Norris. Izziella hommerdandii Showe M. Lin, S.-Y. Yang & Huisman Nitophyllum hommersandii Showe M. Lin & Fredericq. Pavlova hommersandii P.H. Campbell.
Abreviatura A abreviatura Hommersand emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Santalices, B. & Hommersand, M. (1997): "Pterocladiella, a new genus in the Gelidiaceae (Gelidiales, Rhodophyta)". Phycologia 36 (2): 114-119.
Ligazóns externas
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Ficólogos Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados no condado de San Diego