Ifi Amadiume, nada en Kaduna o 23 de abril de 1947, é unha escritora e antropóloga nixeriana.
Traxectoria Desde 1993 traballa como profesora na Universidade de Dartmouth, Nova Hampshire . É moi admirada pola súa obra de carácter feminista. O seu libro máis salientábel é o galardoado Male Daughters, Female Husbands (Zed Press, 1987), onde unha década antes da articulación da teoría Queer, argumentou que o xénero, tal e como se construía no discurso feminista occidental, non existía en África antes do imposición colonial dunha comprensión dicotómica da diferenza sexual. Forma parte da ONG, Centre for Democracy and Development, que promove os valores da democracia, a paz e os dereitos humanos en África, especialmente en África Occidental.
Obra publicada Poesía Passion Waves, Londres: Karnak House, 1985, . Ecstasy, Longman Nigeria, 1995. Association of Nigerian Authors 1992 Literary Award for Poetry. Returning Circles of Love, Africa World Press, 2006, Voices Draped in Black, Africa World Press, 2008,
Antropoloxía African Matriarchal Foundations: The Igbo Case, Londres: Karnak House, 1987, Male Daughters, Female Husbands: Gender and Sex in an African Society, Londres: Zed Press, 1987, . St. Martin's Press, 1990. Re-inventing Africa: Matriarchy, Religion and Culture, Interlink Publishing Group, 1997, The Politics of Memory: Truth, Healing, and Social Justice (editado, con Abdullahi A. An-Na’im), Londres: Zed Books, 2000. Daughters of the Goddess, Daughters of Imperialism: African Women Struggle for Culture, Power and Democracy, Londres: Zed Books, 2000.
Notas
Categoría:Antropólogos de Nixeria Categoría:Personalidades de Nixeria Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1947 Categoría:Feministas de Nixeria