Na mitoloxía grega, Ínaco foi un deus río da Argólide. Era fillo de Océano e a titánide Tetis. Casou con Melia, filla de Océano e tivo dous fillos: Foroneo e Exialeo; outras fontes engaden tamén a Ío Outras fontes, como Pseudo-Apolodoro, fana filla de Iaso (Biblioteca mitológica II, 1, 3)., Fegeo e Micena.

Nacera en Argos antes da existencia da raza humana O seu fillo Foroneo foi o primeiro home sobre a terra., aínda que outras tradicións din que foi contemporáneo de Erictonio e Eumolpo. Tamén se asegura que foi el quen reuniu ós homes tralo diluvio de Deucalión e levounos a vivir xunto a un río ó que chamaron Ínaco no seu honor.

Xunto ós deuses fluviais Cefiso e Asterión, foi nomeado árbitro na disputa entre Hera e Poseidón pola posesión da Argólide, e sentenciaron que se adxudicase a Hera. En vinganza, Poseidón deixounos sen auga salvo na época das chuvias Tiña prohibido volver a manifestar o seu desacordo mediante inundacións, como xa fixera nunha situación semellante en Atenas, que perdera fronte a Atenea..

A súa filla Ío, que era sacerdotisa de Hera, foi seducida ou raptada por Zeus. Ínaco indignouse e perseguiu a Zeus pero este mandou contra el a erinia Tisífone, que o atormentou ata provocarlle a loucura. Ínaco terminou botándose ó río que ata entón se chamara Haliacmón e que desde aquela pasou a chamarse Ínaco. Outras fontes din que Zeus lanzoulle un raio e desde entón o río secou.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Deuses fluviais