miniatura|215px|Secado de Gelidium amansii para obter ágar-ágar, no Xapón A das Xelidiáceas (Gelidiaceae) é unha é unha familia de rodófitas da clase das florideofíceas e subclase das rodimeniofícidas, e orde das xelidiales.Gelidiaceae Kützing, 1843 no WoRMS. Consultado o 16 de febreiro de 2021.

Moitas especies destas algas úsanse para obter ágar-ágar.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1843 polo farmacéutico, botánico e ficólogo alemán Friedrich Traugott Kützing, na páxina 390 da súa obra Phycologia generalis oder Anatomie, Physiologie und Systemkunde der Tange. Mit 80 farbig gedruckten Tafeln, gezeichnet und gravirt vom Verfasser. Leipzig: F. A. Brockhaus.

Etimoloxía O nome científico Gelidiaceae está formado sobre a raíz Gelidi- do seu xénero tipo, Gelidium, coa adición do sufixo do latín científico -aceae, propio dos nomes das familias de vexetais.Gelidiales no Merriam-Webster Dictionary.

Xéneros A familia comprende os xéneros seguintes: Acanthopeltis Okamura, 1892 Capreolia Guiry & Womersley, 1993 Gelidiophycus G.H.Boo, J.K.Park & S.M.Boo, 2013 Gelidium J.V. Lamouroux, 1813 Porphyroglossum Kützing, 1847 Ptilophora Kützing, 1847 Yatabella Okamura, 1900

Porén, o ITIS só recoñece tres:Gelidiaceae no ITIS. Gelidiocolax N.L.Gardner, 1927 Gelidiopsis K. J. F. Schmitz, 1895 Gelidium J.V. Lamouroux, 1813

Notas taxinómicas Segundo o WoRMS, Gelidiocolax pertence á familia das pterocladiofiláceas,Gelidiocolax N.L.Gardner, 1927 no WoRMS. e Gelidiopsis é un sinónimo non aceptado de Ceratodictyon Zanardini, 1878, que pertence á familia das lomentariáceas.Gelidiopsis F.Schmitz, 1895 no WoRMS.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Boo, G. H. et al. (2016): "A novel phylogeny of the Gelidiales (Rhodophyta) based on five genes including the nuclear CesA, with descriptions of Orthogonacladia gen. nov. and Orthogonacladiaceae fam. nov". Molecular Phylogenetics and Evolution 101: 359–372. Guiry, M. D. & Guiry, G. M. (2017): Familiy Gelidiaceae. En AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultada o 17 de febreiro de 2021. Kamiya, M. et al. (2017): "Rhodophyta". En: Syllabus of Plant Families, 13th ed. Part 2/2: Photoautotrophic eukaryotic Algae. Frey, W. Ed. Stuttgart: Borntraeger Science Publishers. ISBN 978-3-4430-1094-2.

Outros artigos Rodófitas Xelidiales

Ligazóns externas Gelidiaceae na EOL.

Categoría:Xelidiais