O Brother, Where Art Thou? é un filme de 2000 escrito, producido, co-editado e dirixido por Joel e Ethan Coen. É unha coprodución entre os Estados Unidos, o Reino Unido e Francia, e está protagonizado por George Clooney, John Turturro e Tim Blake Nelson, xunto con Chris Thomas King, John Goodman, Holly Hunter e Charles Durning nos papeis secundarios.

O filme está ambientado no Mississippi rural do ano 1937 durante a Gran Depresión. A súa historia é unha sátira moderna vagamente baseada no poema épico grego Odisea de Homero, o cal incorpora o contexto social do sur dos Estados Unidos. O título do filme é unha referencia ó filme de 1941 Sullivan's Travels, no cal o protagonista é un director que quere dirixir un filme titulado O Brother, Where Art Thou?, unha adaptación sobre un libro ficticio da Gran Depresión.

Personaxes George Clooney como Ulysses Everett McGill John Turturro como Pete Tim Blake Nelson como Delmar O'Donnell Chris Thomas King como Tommy Johnson Frank Collison como Washington Bartholomew "Wash" Hogwallop John Goodman como Daniel "Big Dan" Teague Holly Hunter como Penny Wharvey-McGill Charles Durning como Menelaus "Pappy" O'Daniel Daniel von Bargen como Sheriff Cooley Wayne Duvall como Homer Stokes Ray McKinnon como Vernon T. Waldrip Michael Badalucco como Baby Face Nelson Stephen Root como Mr. Lund

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joel e Ethan Coen Categoría:Filmes de Working Title Films Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes sobre o Ku Klux Klan Categoría:Filmes ambientados en 1937