Bothrops alternatus é unha especie de cobra velenosa orixinaria de América do Sur (o Brasil, Paraguai, o Uruguai e a Arxentina).McDiarmid RW, Campbell JA, Touré T. 1999. Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, Volume 1. Herpetologists' League. 511 pp. (series). (volume). Dentro da súa área de distribución é unha importante causa de trabada de serpe. Non se recoñece ningunha subespecie.

Descrición Esta especie pode chegar a medir máis de 2 m de lonxitude, aínda que hai rexistros que sinalan un máximo de 170 cm. O longo por termo medio é de 80-120 cm, con femias máis longas e pesadas.Campbell JA, Lamar WW. 2004. The Venomous Reptiles of the Western Hemisphere. Comstock Publishing Associates, Ithaca and London. 870 pp. 1500 plates. ISBN 0-8014-4141-2.

A cada lado da testa ten unha foseta loreal, que se atopa entre o ollo e o fociño, a cal serve para detectar presas que emiten radiación infravermella. A foseta loreal é unha característica compartida coas demais víboras de foseta.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Duméril AMC, Bibron G, & Dumèril A[HA]. 1854. Erpétologie générale ou histoire naturelle complète des reptiles. Tome septième [7th]. Duexième [2nd] partie. Librairie Encyclopédique de Roret, París. pp. 781–1536. (Bothrops alternatus, p. 1512.)

Categoría:Serpes Categoría:Réptiles da Arxentina Categoría:Réptiles do Brasil Categoría:Réptiles de Paraguai Categoría:Réptiles do Uruguai Categoría:Animais descritos en 1854