Druk é un filme dinamarqués de 2020 dirixido por Thomas Vinterberg, cun guión de Vinterberg e Tobias Lindholm. Está protagonizado por Mads Mikkelsen, Thomas Bo Larsen, Magnus Millang e Lars Ranthe.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 12 de setembro de 2020, e en Dinamarca o 24 de setembro de 2020 a través de Nordisk Film, así como no Festival de Cinema de Adelaide en outubro de 2020. Gañou o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, sendo nomeado tamén na categoría de mellor director. Tamén foi nomeado ó Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa e a catro galardóns nos premios BAFTA, conseguindo finalmente o de mellor filme en lingua non inglesa.

Sinopse Os profesores Martin, Tommy, Peter e Nikolaj son compañeiros e amigos que traballan nun instituto de Copenhaguen. Os catro enfróntanse con estudantes pouco motivados e senten que as súas vidas se tornaron aburridas e estancadas. Nunha cea para celebraren o 40 aniversario de Nikolaj, o grupo fala sobre a teoría do psiquiatra Finn Skårderud, segundo a cal os humanos nacen cunha deficiencia no contido de alcohol en sangue de 0.05%, facendo entón unha taxa do 0.05% as persoas máis creativas e relaxadas. Martin vese confrontado polos seus estudantes máis vellos e os seus pais, que lle din que se converteu nunha barreira para aprobar os seus exames de historia. O grupo de amigos deciden entón embarcarse no experimento de comprobar a teoría de Skårderud.

Personaxes Mads Mikkelsen como Martin Thomas Bo Larsen como Tommy Lars Ranthe como Peter Magnus Millang como Nikolaj Maria Bonnevie como Anika Susse Wold como Rektor

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Thomas Vinterberg Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes ambientados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en Copenhage Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes sobre educadores