Miguel Ángel Botana Castro, nado en Sanxenxo en 1924 e finado o 29 de xaneiro de 2021, foi un procurador e político galego.

Traxectoria De familia cambadesa, foi fillo de Antonio Botana, que fora secretario do xulgado de Sanxenxo. Profesionalmente foi procurador en Santiago de Compostela inicialmente, e a partir de 1962 no partido xudicial de Cambados. Concelleiro e primeiro tenente alcalde de Sanxenxo, en xaneiro de 1969 foi designado alcalde polo gobernador civil na altura, Ramón Encinas Diéguez,El Pueblo Gallego, 5-1-1969, p. 14. cargo que ocupou durante catro anos ata 1973. Durante o seu mandato ergueuse a escultura ao aviador Piñeiro e a escultura á Madama, que preside o paseo marítimo de Sanxenxo. Tamén impulsou a construción de edificios de varias alturas no frontal marítimo do concello.

Recoñecementos Medalla de Prata ao Mérito na Xustiza.

Notas

Categoría:Alcaldes de Sanxenxo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes