José Ramón Guisasola Gorrity, nado en 1935 e finado o 1 de novembro de 2011, foi un político galego.

Traxectoria Foi alcalde de Sanxenxo en dúas ocasións. Na primeira foi designado polo gobernador civil en 1963, e continuou até xaneiro de 1969. Substituído por Miguel Ángel Botana nese ano, ao finais da década, e xa finado o ditador Franco, encabezou a candidatura de Coalición Democrática nas primeiras eleccións municipais, en 1979, e foi elixido concelleiro.

En 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde. Revalidou a alcaldía en 1987, logrando a maioría absoluta. En 1988 foi procesado por prevaricación por unha licenza de obras, o cal sumado a máis escándalos urbanísticos, supuxo que en xullo de 1989 os seus compañeiros de partido forzasen a súa dimisión, sendo sucedido polo tamén concelleiro popular Elisardo Balboa. Continuou como concelleiro ata 1991. En 1995 encabezou a candidatura do Partido Principal de Galicia, se ben non consigueu representación.

Notas

Categoría:Alcaldes de Sanxenxo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Nados en 1935

Categoría:Finados en 2011