Gumersindo Pereira Nouche, nado en Nemenzo de Arriba (Nemenzo, Concello da Enfesta) cara a 1892 e finado na Coruña o 25 de abril de 1939,La Voz de Galicia, 26-4-1939, p. 4. foi un empresario e político galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba. Retornou a principios dos anos vinte e fixou a súa residencia na Coruña. Foi empresario cinematográfico, xestionou o cine Rosalía da Coruña e outras salas como Salón Doré, Salón Victoria, Ideal Cinema e Cine Monelos. Fora da Coruña foi empresario do Cine Rialto do Burgo (Culleredo), o Salón Troche de Ordes e o Cine Capitol de Santa Cruz (Oleiros). Tamén foi dono do Gran Café-Bar Central da Coruña. Foi membro da Irmandade da Fala da Coruña e formou parte da Xunta Directiva do coro coruñés Cántigas da Terra. Pertenceu á loxa masónica coruñesa Pensamiento y Acción nº 11. Foi socio do Casino Republicano da Coruña e do Centro de Estudios Sociales Germinal. Afiliouse a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non chegou a ser detido.

Vida persoal Casou con María Luisa Ruíz Carreras e foi pai de Luis, Gumersindo, María Esther e Berta.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Un home das irmandades da fala: Gumersindo Pereira Nouche (I) Un home das irmandades da fala: Gumersindo Pereira Nouche (II)

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1892 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados en 1939