miniatura|300px|Euritión raptando a Deianira (Anónimo, c. 1600, Museo de Historia da Arte, Viena)

Na mitoloxía grega Euritión era un centauro que Heracles matou por intentar casar á forza coa filla do rei de Óleno.

Heracles, para expiar o asasinato dos fillos, acto cometido por Heracles nun acceso de loucura enviado por Hera, tivo que realizar os doce traballos que lle encomendara Euristeo. O sexto foi limpar nun só días as cortes do gando do rei Auxías, que nunca foran limpadas.

Realizado con éxito este traballo, Auxías negouse a pagarlle o prometido e expulsouno do reino, e Heracles tivo que marchar Aínda que posteriormente organizaría unha expedición de castigo contra Auxías, na que morrería o seu irmán Ificles.. Foi dar a Óleno, onda o seu amigo Dexámeno, rei da cidade, e topouse con que a filla deste, Mnesímaca Mnesímaque, segundo Graves., ía ser desposada pola forza co centauro Euritión, cando previamente Dexámeno prometéralla a man da filla a Heracles. Dexámeno pediulle axuda e Heracles matou a Euritión cando ía buscar á noiva.

Segundo Hixino, a filla de Dexámeno era Deianira coa que finalmente casaría Heracles Hixino: Fábulas 31, 11., pero máis adiante describe a Deianira como filla de Eneo Hixino, 36, 1., tal como fan as outras fontes mitográficas.

Grimal tamén recolle esta variante, situada na corte de Eneo, e lembra a similitude da loita de Heracles e Euritión coa loita contra Aqueloo, neste caso, si, pola man de Deianira.

Notas

Bibliografía

ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. GRAVES, Robert: Los mitos griegos, Ed. Gredos, 1ª ed. 2019, 521. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, II, 5, 5 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Categoría:Criaturas da mitoloxía grega