Juan Echanove Labanda, nado en Madrid o 1 de abril de 1961, é un actor español.
Traxectoria Juan Echanove estudou dereito e entrou na Escola de Arte Dramática de Madrid.Biografía de Juan Echanove . Juan Echanove.com. Consultado o 28-9-2011.Juan Echanove Labanda. El País.com. Consultado o 28-9-2011. En 1986 participou no filme Tiempo de silencio, onde se deu a coñecer, e a raíz diso obtivo o papel de Cosme na serie Turno de oficio, pola que acadou certa notoriedade.Ficha personal de Juan Echanove . Biografias.estamosrodando.com. Consultado o 28-9-2011.
Grazas ao éxito chamárono para un importante número de filmes, entre eles Divinas palabras (1987), polo que recibiu o Goya ao mellor actor secundario. A ese título seguírono Bajarse al moro, A solas contigo ou La noche más larga. En televisión protagonizou en 1991 Chicas de hoy en día.
Dous anos despois gozou do seu maior éxito profesional ao encabezar o elenco de Madregilda, de Francisco Regueiro, onde interpretou un Franco acomplexado e feble. Por este traballo gañou a Cuncha de Prata ao mellor actor do Festival de Donostia, o Goya ao mellor actor, o Premio Sant Jordi, o Premio Ondas e unha candidatura aos Premios Fotogramas de Prata. A súa intervención ese mesmo ano en Mi hermano del alma de Mariano Barroso valeulle outra candidatura aos Goya. Neses doce meses tamén participou como cantante nunha xira xunto a Víctor Manuel, Ana Belén, Pablo Milanés, Miguel Ríos, Manolo Tena, Antonio Flores, Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat que posteriormente se gravou nun disco titulado Mucho más que dos. Intercalou estes traballos coa xira teatral da obra El cerdo, en que levaba o peso absoluto da función.
A partir de 2000 deu prioridade á súa traxectoria teatral en obras como El verdugo ou El extraño.
Por esas datas, Echanove exerceu bastante militancia política. En febreiro de 2003 asistiu a un acto de protesta contra o terrorismo de ETA,Savater pide a PP y PSE que formen una alternativa electoral ante el nacionalismo. Diario de Navarra.es. Consultado o 27-9-2011. poucos días despois de ser expulsado do Congreso dos Deputados xunto a Juan Luis Galiardo, María Barranco, Ana Belén, Pilar Bardem, Jordi Dauder e Amparo Larrañaga, por lucir unha camiseta en que estaba impresa a insignia "No a la guerra" (Non á guerra).Los actores, fuera del Congreso por mostrar camisetas pacifistas . Diario de León.es. Consultado o 27-9-2011. En marzo de 2004, celebrou a vitoria de José Luis Rodríguez Zapatero na sede do PSOE en Madrid.Una victoria 'agri' muy 'dulce'. El Mundo.es. Consultado o 27-9-2011.
Entre outono de 2005 e 2017 interpretou a Miguel Alcántara Barbadillo, irmán de Antonio Alcántara (Imanol Arias) na serie Cuéntame cómo pasó.
Filmografía Cinema Los Japón (Álvaro Díaz Lorenzo, 2019) Te esperaré (Alberto Lecchi, 2017) No es cosa de risa (Diego Fortea e Jonathan Belles, 2016) Alatriste (Agustín Díaz Yanes, 2006) Manolete (2006) Bienvenido a casa (David Trueba, 2005) Morir en San Hilario (Laura Mañá, 2005) Trileros (Antonio del Real, 2003) Los Reyes Magos (Antonio Navarro, 2003) Sin noticias de Dios (Agustín Díaz Yanes, 2001) Adiós con el corazón (José Luis García Sánchez, 2000) Los años bárbaros (Fernando Colomo, 1998) Sus ojos se cerraron y el mundo sigue andando (Jaime Chávarri, 1998) Siempre hay un camino a la derecha (José Luis García Sánchez, 1997) Memorias del ángel caído (David Alonso, 1995) Suspiros de España (José Luis García Sánchez, 1997) Una casa a las afueras (Pedro Costa, 1995) La flor de mi secreto (Pedro Almodóvar, 1995) Madregilda (Francisco Regueiro, 1993) Mi hermano del alma (Manolo Barroso, 1993) Historias de la puta mili (Xavier Bárbara, 1993) Orquesta Club Virginia (Manuel Iborra, 1992) La noche más larga (José Luis García Sánchez, 1991) A solas contigo (Eduardo Campoy, 1990) Yo soy ésa (Luis Sanz, 1990) Miss Caribe (José Luis García Sánchez, 1989) El vuelo de la paloma (José Luis García Sánchez, 1987) Divinas palabras (José Luis García Sánchez, 1987) Bajarse al moro (Fernando Colomo, 1988) Adiós pequeña (Imanol Uribe, 1986) Tiempo de silencio (Vicente Aranda, 1986) La noche más hermosa (Manuel Gutiérrez Aragón, 1986) Televisión La huella del crimen 1: El caso del cadáver descuartizado (1985) Turno de oficio (1986-1987) Vísperas (1987) El mundo de Juan Lobón (1989) La mujer de tu vida (1990) Las chicas de hoy en día (Fernando Colomo, 1991) Hermanos de leche (1994) Pepa y Pepe (1995) Famosos y familia (1999) Camino de Santiago (1999) Cuéntame cómo pasó (2001; 2005-2017) La vida de Rita (2003) Un paso adelante (2004-2005) UCO (2009) La zona (2017) Paquita Salas (2019) El Cid (2020) Desaparecidos (2020)
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1961 Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España