, nado o 27 de novembro de 1957, é un deseñador, director e produtor de videoxogos xaponés, ademais de ser o presidente de The Pokémon Company. Antes de traballar para a serie Pokémon, Ishihara formou parte de Ape Inc. e colaborou en títulos como EarthBound. Dez anos máis tarde fundou Creatures Inc.
Ishihara traballou en Pokémon dende as primeiras fases de desenvolvemento na década de 1990, sendo produtor de criaturas ó tempo que traballou en conseguir licenzas de produtos spin-off como o Pokémon Trading Card Game, sendo fundador de The Pokémon Company para poder xestionar todas estas actividades. Tamén foi unha persoa crucial no desenvolvemento de Pokémon Go, dando o seu apoio ó concepto dun xogo de Pokémon baseado na localización.
Traxectoria Ishihara naceu o 27 de novembro de 1957 na cidade de Toba, na prefectura de Mie. En 1983, completou un mestrado en Arte e Deseño na Universidade de Tsukuba. Logo da súa graduación uniuse a Ape Inc. en 1991, onde traballou no desenvolvemento de varios videoxogos, entre outros Mario & Wario (1993) e EarthBound (1994). En 1995, despois de deixar Ape Inc., Ishihara fundou a empresa de desenvolvemento Creatures Inc., coa asistencia de Satoru Iwata. No ano 2019, Ishihara era director representante e xefe de criaturas.
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Pokémon Categoría:Personalidades de Nintendo Categoría:Produtores de videoxogos do Xapón Categoría:Alumnos da Universidade de Tsukuba