Antonio Fernández Fernández, coñecido como Antón de Barreiros ou Antón de Marcos, nado en Barreiros (Sarria) en 1878 e finado en Lugo o 19 de novembro de 1931, foi un empresario galego.
Traxectoria Fillo de Marcos Fernández González, tratante de gando, que iniciou a súa actividade cos aforros procedentes da emigración a Cuba. O irmán de Marcos, Clemente, foi un dos pioneiros no negocio de embarque de gando vacún cara ao mercado catalán e madrileño,Carmona Badía (2006), p. 434 comezando en 1883 co embarque de 40 reses para Madrid desde a estación de tren de Toral de los Vados (León). Clemente deixou o negocio en mans do seu irmán logo de partir cara ao norte de África e investir nas Minas do Rif. Alí foi conselleiro delegado e un dos principais accionistas da Sociedad Española de Minas del Rif, xunto co rei Afonso XIII, o conde de Romanones, o marqués de Comillas e o duque de Tovar. Tamén foi Deputado Provincial de Madrid e Conselleiro do Banco Mercantil e Industrial"Aniversario del Sindicato Español de Minas del Rif" , artigo en Melilla Hoy, 6 de xuño de 2007 ..
O capital de Antonio procedía do tráfico de gando cara á Península Ibérica. Era socio propietario do Gran Café Galicia da Coruña. Fixo construír un edificio na esquina da praza de Ángel Fernández, deseñado por Eloy Maquieira. Finou nun accidente de circulación cando viaxaba de Becerreá a Lugo o 19 de novembro de 1931.La Voz de Galicia, 20-11-1931, p. 2, 4.La Región, 22-11-1931, , p. 6.
Vida persoal Foi pai de Antonio, Xosé, Manuel e Concepción Fernández López.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Fillos de Antón de Marcos
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos