Victor John Mature, nado en Louisville (Kentucky) o 29 de xaneiro de 1913 e finado en Rancho Santa Fe (California) o 4 de agosto de 1999, foi un actor estadounidense.

Traxectoria Primeiros anos Mature naceu en Kentucky. O seu pai, Marcello Gelindo Maturi, despois Marcellus George Mature, era un coiteleiro Pinzolo (actualmente en Italia, mais daquela no Imperio Austrohúngaro),1920 U.S. Census, Louisville Ward 4, Jefferson, Kentucky; Roll: T625_578; Page: 1B; Enumeration District: 98; Image: 1039World War I Draft Registration, Jefferson County, Kentucky; Roll: 1653508; Draft Board: 3 que emigrou aos Estados Unidos coa súa familia en 1912, para fuxir da dominación austrohúngara. A súa nai, Clara P. (Ackley), nacera en Kentucky de orixe suíza.1900 U.S. Census, Louisville Ward 4, Jefferson, Kentucky; Roll: T623 529; Page: 10A

Na súa mocidade, Mature traballou co seu pai na coitelaría e, ás veces, como pescador. Estudou na Academia Militar de Kentucky. Un dos seus compañeiros de clase era o futuro actor Jim Backus, que posteriormente dobrou a personaxe “Mr. Magoo”, no famoso debuxo animado da década de 1960.

Esperando converterse en actor, estudou no Playhouse de Pasadena. Conseguiu unha audición para unha proba coa intención de conseguir un papel en Foise co vento en 1939, mais perdeu contra o seu compañeiro do Playhouse, George Reeves, o futuro Superman da televisión na década de 1950.

Após algúns papeis pequenos, Mature conseguiu o éxito cos seus primeiros papeis principais, sobre todo entre o público feminino, que o consideraba “un pedazo de home” ou “o sorriso máis cativador do mundo”, grazas ao seu porte de 1,89 metros e os seus ombreiros largos. A crítica xamais o tomou en serio como actor (e el mesmo admitía que non actuaba ben), aínda que converteu nun dos actores máis populares e solicitados por grandes directores nas décadas de 1940 e 1950, debido á súa masculina presenza na pantalla.

Segunda guerra mundial dereita|miniatura|250x250px|Victor Mature en uniforme militar Como moitos outros astros de Hollywood que se alistaron no Servizo de Guerra, como James Stewart, Alan Ladd e Clark Gable, Victor Mature intentou alistarse na armada durante a segunda guerra mundial, mais foi rexeitado polo seu daltonismo. Alistouse entón na garda costeira, onde serviu nun navío de transporte de tropas. Atravesou o Atlántico norte, incluída Normandía, o Mediterráneo e o Caribe. Estaba en Okinawa cando se lanzou a bomba atómica sobre o Xapón.

Volta a Hollywood e consagración Coa fin da guerra, volveu a Hollywood e traballou máis que nunca. Os seus papeis en My Darling Clementine, de John Ford, en 1946, e Kiss of Death, de Henry Hathaway, que fora desenvolvida como vehículo para el, foron considerados os seus traballos máis destacados. Posteriormente, pasou a realizar papeis máis exóticos, principalmente en épicos, como Samson and Delilah, de Cecil B. DeMille (1949), The Robe, de Henry Koster (1953),"Victor Mature to Do 'Story of Demetrius'" Hopper, Hedda. Los Angeles Times 10 de xaneiro de 1953: 14. Demetrius and the Gladiators, de Delmer Daves (1954) e The Egyptian, de Michael Curtiz (1954). Ata que xurdiu Charlton Heston, Mature foi o astro dominante do cinema “épico bíblico” que triunfaba en Hollywood. Mature aínda actuou en diversos filmes de comedia, criminais, guerra e western, interpretando aventureiros, cowboys, policías, soldados e mesmo nativos americanos. Xamais foi unha estrela con pretensións artísticas, mais continuou a se manter como un dos actores de máis éxito de público na década de 1950.

A partir da década de 1960, Mature diminiuíu o seu ritmo de traballo no cinema, interesándose máis en se dedicar ao golf e ao ramo imobiliario, onde destacou como corretor, mesmo abrindo a súa propia firma. En 1966, aceptou facer unha parodia del mesmo, interpretando un actor de mediana idade aínda tratando de facer de galán no filme Caccia alla volpe, dirixido por Vittorio De Sica.

O golf e os seus últimos anos Mature dedicouse ao golf, e sempre dicía que era máis fácil xogar que actuar: "Realmente, eu son un xogador de golf. Esta é miña ocupación real. Eu nunca fun un actor, pregunte a calquera, particularmente, a todos os críticos".Shipman, David. The Great Movie Stars: The International Years. St. Martin's Press, 1972, p. 330

Coa aceptación ou non da crítica, en 1984 Mature fixo un descanso no seu deporte favorito e fixo unha pequena interpretación nun telefilme, un remake de Samson and Delilah, onde aos 71 anos de idade interpretou o pai de Sansón. Foi o seu último traballo como actor.

Lonxe da vida artística e das axitacións de Hollywood, levou unha vida sinxela nos seus últimos anos, morando coa súa familia no seu rancho de Santa Fe, California. Victor Mature morreu o 4 de agosto de 1999, aos 86 anos de idade, de leucemia, deixando a súa esposa Loretta e a súa filla Victoria. O actor foi sepultado no memorial da familia Mature, en Kentucky.

Vida persoal Victor Mature casou en cinco ocasións: En 1938 casou coa actriz Frances Charles, matrimonio que foi anulado en 1940. O ano seguinte, casou con Martha Stephenson Kemp, viúva do músico Hal Kemp, con quen estivo ata 1943, cando se divorciaron. En 1948, con Dorothy Stanford Berry, de quen se divorciou en 1955.'Victor Mature's Wife Wins Divorce, $500,000: Judge Grants Decree After Hearing Her Testify He Often Flew Into Rages in Public', Los Angeles Times 9 de novembro de 1955: A1. Catro anos despois, en 1959, contraeu nupcias con Adrienne Joy Urwick, con quen ficou casado ata 1969, cando novamente se divorciou. En 1974, casou con Loretta Sebena, con quen tivo a súa única filla, Victoria (nada en 1975), e con quen viviu o resto da súa vida.

É probábel que os tres primeiros divorcios fosen motivados polas aventuras amorosas de Mature fóra dos platós. Sábese que tivo relacións coas actrices Lana Turner, Susan Hayward, Rita Hayworth e Esther Williams. Williams, célebre estrela dos musicais da Metro, contou na súa autobiografía detalles explícitos da súa relación con Mature durante a rodaxe de Million Dollar Mermaid. Segundo Williams, o actor fixo o amor con ela, en plena madrugada, nunha praia que servía de localización para o filme mentres o resto do equipo e do elenco durmía, e que el foi un dos homes que máis a satisfizo nunha relación.

Filmografía + Longametraxes Ano Título Personaxe Compañía Notas 1939 The Housekeeper's Daughter Lefty Hal Roach Studios 1940 One Million B.C. Tumak Hal Roach Studios Título alternativo: Cave Man 1940 Captain Caution Dan Marvin Hal Roach Studios 1940 No, No, Nanette William Trainor RKO Studios 1941 I Wake Up Screaming Frankie Christopher (Botticelli) 20th Century Fox Título alternativo: Hot Spot 1941 Doctor Omar United Artists 1942 Song of the Islands Jeff Harper 20th Century Fox 1942 My Gal Sal Paul Dresser 20th Century Fox 1942 Footlight Serenade Tommy Lundy 20th Century Fox 1942 Seven Days' Leave Johnny Grey RKO 1943 Show Business at War El mesmo Curtametraxe 1946 My Darling Clementine Doc Holliday 20th Century Fox 1947 Moss Rose Michael Drego 20th Century Fox 1947 Kiss of Death Nick Bianco 20th Century Fox 1948 Fury at Furnace Creek Cash Blackwell / Tex Cameron 20th Century Fox 1948 Cry of the City Tte. Candella 20th Century Fox 1949 Easy Living Pete Wilson RKO 1949 Red, Hot and Blue Danny James Paramount 1949 Samson and Delilah Samson Paramount 1950 Wabash Avenue Andy Clark 20th Century Fox 1950 Stella Jeff DeMarco 20th Century Fox 1951 Gambling House Marc Fury RKO 1952 The Las Vegas Story Tte. Dave Andrews RKO 1952 Something for the Birds Steve Bennett 20th Century Fox 1952 Million Dollar Mermaid James Sullivan MGM 1952 Androcles and the Lion Captain RKO 1953 The Glory Brigade Tte. Sam Pryor 20th Century Fox 1953 Affair with a Stranger Bill Blakeley RKO 1953 Demetrius 20th Century Fox Primeiro filme en CinemaScope 1954 The Veils of Bagdad Antar Universal 1954 Dangerous Mission Matt Hallett RKO Título alternativo: Rangers of the North 1954 Demetrius and the Gladiators Demetrius 20th Century Fox Secuela de The Robe 1954 Horemheb 20th Century Fox 1954 Betrayed "The Scarf" MGM 1955 Chief Crazy Horse Cabalo Tolo Universal 1955 Violent Saturday Shelley Martin 20th Century Fox 1955 The Last Frontier Jed Cooper 20th Century Fox 1956 Safari Ken Duffield Warwick Films 1956 The Sharkfighters Tte. Comandante Ben Staves United Artists 1956 Zarak Zarak Khan Warwick Films 1957 Interpol Charles Sturgis Warwick Films Título alternativo: Pickup Alley 1957 Harry Miller 1958 No Time to Die Sgt. David H. Thatcher Warwick Films Título alternativo: Tank Force 1958 China Doll Captain Cliff Brandon Romina Productions, empresa propia de Mature 1958 Escort West Ben Lassiter Romina Productions 1959 The Bandit of Zhobe Kasim Khan 1959 Henry Jasper "Hank" Whirling Allied Artists 1959 Timbuktu Mike Conway 1959 Hannibal Haníbal Título alternativo: Annibale 1962 The Tartars Oleg MGM 1966 After the Fox Tony Powell 1968 Head The Big Victor 1972 Every Little Crook and Nanny Carmine Ganucci MGM 1976 Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood Nick Paramount cameo 1979 Firepower Harold Everett cameo

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKay, James. The Films of Victor Mature (McFarland, 2012) Ligazóns externas Mature's Matinee - The Victor Mature Fan Club and Website Túmulo de Victor Mature en Find a Grave Photos of Victor Mature in The Shanghai Gesture by Ned Scott

Categoría:Nados en Louisville, Kentucky Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Finados por leucemia Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Kentucky Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia suíza Categoría:Paseo da Fama de Hollywood