Calidón foi un dos fillos de Testio. Segundo Pseudo-Apolodoro (I, 7, 10), Testio e EuritemisteOu Euritémide, Euritemista ou Eurítemis., filla de Cleobea, tivo varios fillos dos seus matrimonios con Leucipe e con Euritemiste, pero non menciona a Calidón.

A lenda conta que Testio, cando regresou a Calidón, atopa ó seu fillo deitado na cama coa súa nai. Ante tal incesto, Testio mata os dous pero pronto se dá de conta do seu erro, e entón suicidouse botándose ó río, que recibirá na súa memoria o nome de Testio (aínda que posteriormente será o denominado río Aqueloo e, hoxe, Aspropótamos).

Tamén se di que este Calidón era fillo de Ares e Astínome, e que foi transformado en rocha despois de ver a Ártemis, espida, durante o baño. Esta rocha atópase próxima ó río Aqueloo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega