María Teresa Cuíñas Lavandeira, nada en Pontevedra o 5 de novembro de 1976, é unha xornalista galega.

Traxectoria Estudou COU no IES Sánchez Cantón e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, na que tamén se licenciou en Xornalismo.

Foi redactora en RNE (2004-2006), TVE (Desde Galicia para el mundo) e CNN+. Colaborou en El País (2007-2014) sobre temas de cultura, en Rockdelux (desde 2015) como crítica musical e en Atlas Galicia, e na revista Dorna. É redactora da TVG desde 2006.

Colaborou no Culturgal, no Foro Galicia Creativa e foi xurado dos Premios Martín Códax e do Festival de Cans.

Participou no vídeo Caminos de Santiago: los caminos de la concordia / Camiños de santiago: os camiños da concordia (2005), nos textos de O mar. IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, xaneiro-febreiro 2008 e Amor. X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, febreiro-marzo 2009.

Publicou “m-Talá, Chus Pato” no Anuario de Estudios Literarios Galegos: 2000, 334-336. (2001).

Escribiu con Iria Sobrino Freire o prólogo de Narradoras (25 autoras galegas), Vigo: Xerais, 2000. miniatura|Con Anxo González Guerra na Libraría Paz de Pontevedra en novembro de 2021 En 2021 foi comisaria con Pepe Cunha de CantáMOLA en galego, A canción en galego no século XXI, un percorrido polos últimos 20 anos de historia da música galega.

Escribiu o prologo de Xela Arias Cancións (2021) con Desertores, Xerais. ISBN 978-84-1110-038-0.Cancións na páxina web da editorial. miniatura|Presentando Pecados veniais de Nazaret López na Libraría Paz de Pontevedra

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Conta persoal no Twitter. Conta persoal en Linkedln Conta persoal no Facebook

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1976