Fernando Fernández Rego, nado en Ferrol o 25 de maio de 1979, é un profesor, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela e é docente no IES Castro Alobre. É administrador da web musical LaFonoteca.net. Escribe en Mondosonoro, Rockdelux, Luzes e colabora con múltiples plataformas tanto dixitais como impresas. Tamén colaborou en Grial como coordinador da sección de música.
Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records.
Obra
Narrativa
Desorden (2009). Ediciones Oblicuas. Un tratado de existencialismo pospunk. Novela. Blues From A Gun: Secuencias Interiores (2011). Relato e poesía.
Ensaio
50 anos de pop, rock e malditismo na música galega (2010). Toxosoutos. Libro e CD. Galicia en Clips (2012), Con Pablo Portero. Volta. Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 (2019). Galaxia. 848 páxs. ISBN 978-84-9151-337-7. Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground (2024). Vigo: Galaxia. 360 páxs. ISBN 978-84-1176-332-5.
Biografía
Cuando Ríes. Los Contentos (Unos malditos pioneros del garage) (2014). Xonix. Sobre a banda luguesa Los Contentos. Con Piti Sanz e prólogo de Luís Tosar. Andrés do Barro. Saudade. El músico que llevó el pop en gallego al número uno de ventas en España (2015). Lafonoteca. Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo (2022). Vigo: Galaxia, Col. Reportaxe. Andrés do Barro. A xénese do pop en galego (2026). Vigo: Galaxia. 260 páxs. ISBN 978-84-1176-599-2.
Premios e recoñecementos
Finalista dos Premios da Crítica de Galicia 2025 na modalidade de Investigación en Ciencias Socias e Humanidades por Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground (2024).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en xaneiro de 2021
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1979 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes