Jørgen Georg Castonier Galster, nado o 17 de maio de 1889 en Copengague e finado o 8 de setembro de 1983 en Hellerup, municipio de Gentofte, foi un numismático e historiador dinamarqués, vinculado á Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca."Jørgen Georg Castonier Galster". Galster.dk

Traxectoria Georg Galster era fillo dos comerciantes Harald August Galster (1838-1924) e Elise Marie Bidstrup (1869-1937).Steen Jensen, J. (1989).

En 1906 comezou a súa educación secundaria na escola Efterslægten e a continuación accedeu á Universidade de Copenhague, onde en 1913 se graduou en Historia, Latín e Lingua Dinamarquesa. Un dos seus profesores nesa época, Johannes Steenstrup, favorecéralle xa en 1910 o seu ingreso como asistente na Colección Real de Moedas e Medallas, coa intención de que fose adquirindo os coñecementos numismáticos necesarios da man do seu director, P. C. Hauberg, para se converter no sucesor deste.Galster, G. (1981). "Erindringer fra Universitetet og Nationalmuseet 1906 til ca. 1930". En Den kongelige Mønt- og Medaillesamling 1781-1981. Nationalmuseet, Copenhague. Páxina 166. ISBN 87-480-0290-9 De feito, logo da dimisión de Hauberg en 1920, Galster asumiu a dirección da colección e en 1959 foi nomeado inspector xefe.

Logo da súa xubilación en 1959 continuou coas súas investigacións numismáticas durante varios anos e mesmo, ata 1980, tivo unha oficina no Museo Nacional de Dinamarca. Destaca, entre outras, a súa contribución ao coñecemento dos chamados "dirhems Kufi", aparecidos en diversos achados en Dinamarca.Kromann, A. (1985). "Kufiske dirhemer fremkommet i Danmark efter 1938". En Hikuin. Páxina 51.

No relativo á súa vida familiar, Galster casou con Emma Adrienne Johnsen o 15 de agosto de 1922, con quen tivo un fillo (Gert Harald) e unha filla (Gertrud).

Georg Galster finou como consecuencia dun infarto o 8 de setembro de 1983 e foi soterrado no cemiterio de Mariebjerg, en Gentofte."Jørgen Georg Castonier Galster". Gravsted.dk

Recoñecementos Entre os diversos recoñecementos acadados por Galster ao longo da súa carreira cómpre salientar a súa elección en 1949 como membro da Real Sociedade Dinamarquesa para a Historia Patria e o doutoramento honoris causa pola Universidade de Lund en 1959. O ano seguinte foi nomeado membro honorario da Asociación Numismática Dinamarquesa. Ademais, foi membro das sociedades numismáticas de diversos países, como Austria, os Países Baixos, os Estados Unidos, o Reino Unido e os países nórdicos.

Premios (1946): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1966): Medalla Huntington, da American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1974): Medalla de ouro da Real Academia Danesa de Ciencias e Letras.

Publicacións

Monografías (1934). Reynold Junges møntmesterregnskaber 1534-1540 (con R. Junge). Copenhague. (1936). Danske og Norske Medaljer 1533-1788. Copenhague. (1939). Die Münzen Dänemarks (bis etwa 1625). Halle Riechmann. (1953). Mønthistoriske antegnelser til Holbergs comedier. Holbergsamfundet, Copenhague. (1956). Danske middelalderlige regnskaber. Selskabet for Udgivelse af Kilder til Dansk Historie. (1959). Coins and History. Selected Numismatic Essays by Georg Galster. Aarhus. (1972). Unionstidens udmøntninger. Danmark og Norge 1397-1540. Sverige 1363-1521. Dansk numismatisk forening, Copenhague. ISBN 9788799711109

Serie Sylloge of Coins of the British Isles

(1964-1975). Sylloge of Coins of the British Isles: Royal Collection of Coins and Medals, National Museum, Copenhagen. Oxford University Press / Spink & Son. (1964). Vol. 4. Part I. Ancient British and Anglo-Saxon Coins. ISBN 978-0197258880 (1966). Vol. 7. Part II. Anglo-Saxon Coins: Æthelred II. ISBN 978-0197258965 (1970). Vol. 13. Part III. A, B, and C. Anglo-Saxon Coins: Cnut. ISBN 978-0197259139 (1970). Vol. 14. Part III. A, B, and C. Anglo-Saxon Coins: Cnut. ISBN 978-0197259146 (1970). Vol. 15. Part III. A, B, and C. Anglo-Saxon Coins: Cnut. ISBN 978-0197259153 (1972). Vol. 18. Part IV. Anglo-Saxon Coins from Harold I and Anglo-Norman Coins. ISBN 978-0197259276 (1975). Vol. 22. Part V. Hiberno-Norse and Anglo-Irish Coins (con M. Dolley e J. Steen Jensen). ISBN 978-0197259498

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Steen Jensen, J. (1989). "Georg Galster. I anledning af hundredåret for hans fødsel 1889 - 17. maj 1989". En Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad. 5. Páxinas 90-100.

Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Historiadores de Dinamarca Categoría:Numismáticos de Dinamarca Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade de Copenhague Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Lund Categoría:Escritores en lingua dinamarquesa Categoría:Personalidades sen imaxes