Leonhard Hess Stejneger, nado o 30 de outubro de 1851 en Bergen, e finado o 28 de febreiro de 1943 en Washington, foi un zoólogo noruegués nacionalizado estadounidense.

Traxectoria Stejneger naceu en Bergen (Noruega) e estudou Dereito e Filosofía na Universidade de Oslo (daquela, chamada Kristiania). Obtivo o doutoramento, e comezouó unha breve carreira como avogado. Porén, os seus intereses como naturalista prevaleceron.

En 1881 foi aos Estados Unidos e comezou a traballar no Instituto Smithsoniano baixo a dirección de Spencer Fullerton Baird.

Participou en numerosas expedicións ao norte do subcontinente norteamericano. De 1882 a 1883 enviárono a unha misión de exploración á illa de Bering e a Kamchatka. En 1895 foi ás illlas do Comandante a estudar otáridos, por conta da U.S. Fish Commission (o ministerio estadounidense de Pesca). Regresou por segunda vez en 1922.

Fixo carreira no Smithsoniano. En 1884 foi conservador auxiliar de aves; en 1889, conservador de réptiles; en 1899, conservador de réptiles e anfibios, e desde 1911, conservador de bioloxía, posto que ocupou até a súa morte, a que quedara exento da xubilación por decreto presidencial.

Publicou máis de 400 traballos científicos sobre aves, réptiles, focas, e herpetoloxía de Porto Rico, entre outros temas.

Durante a súa viaxe á illa de Bering quedou fascinado pola vida de Georg Wilhelm Steller, un naturalista do século XVIII que, antes ca el, visitara a illa. Investigou a vida de Steller durante varias décadas, que culminou na súa única publicación non técnica, unha biografía de Steller.

Publicacións principais Results of Ornithological Explorations in the Commander Islands and in Kamtschatka (1885) Birds of Kauai Island, Hawaiian Archipelago / collected by Mr. Valdemar Knudsen, with description of new species (1887) Notes on a third collection of birds made in Kauai, Hawaiian Islands (1890) The Poisonous Snakes of North America (1895) The Russian Fur-Seal Islands (1896) Herpetology of Porto Rico (1904) Herpetology of Japan and Adjacent Territories (1907) A new Gerrhonotine Lizard from Costa Rica (1907) Three new species of lizards from the Philippine Islands (1908) A new genus and species of lizard from Florida (1911) A new Scincid Lizard from the Philippine Islands (1911) Results of the Yale Peruvian Expedition of 1911. Batrachians and Reptiles (1913) A Check List of North American Amphibians and Reptiles [con Thomas Barbour] (1917) A chapter in the history of zoological nomenclature (1924) Fur-seal industry of the Commander Islands: 1897-1922 (1925) Identity of Hallowell's snake genera, Megalops and Aepidea (1927) The Chinese lizards of the genus Gekko (1934) Georg Wilhelm Steller, the pioneer of Alaskan natural history (1936)

Abreviatura A abreviatura Stejneger emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén Bibliografía Wetmore, Alexander (1945): "Leonhard Hess Stejneger (1851-1943)". Biographical Memoir. Nat. Acad. Sci. Vol. 24. Ligazóns externas Leonhard Hess Stejneger 1851-1943 (by Alexander Wetmore. Presented to the National Academy of Sciences of the United States of America at the Autumn Meeting. 1945) .

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Ornitólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Herpetólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Oslo Categoría:Nados en Bergen Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1943