O balboa é unha das dúas moedas de curso legal na República de Panamá"Balboa" en: DRAG, Portal das Palabras e Digalego. , desde a súa introdución en 1904, xunto co dólar estadounidense, ao que desde entón ten vinculado o seu valor.Cambio entre balboa e euro e co dólar. Nataf.netAlfaro Asins, C. et al. (2009). "Balboa". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. Páxina 37. ISBN 978-84-8181-405-7
Divídese en 100 centésimos. O seu código ISO 4217 é PAB e o seu símbolo monetario B/."World Currency Symbols". Xe.com"Códigos de divisas por países". Iban.com
Historia O balboa creouse en 1904, un ano despois de que Panamá se independizase de Colombia. A Convención Nacional de Panamá emitiu a Lei 84, do 28 de xuño, en cuxo primeiro artigo se establecía o balboa como moeda nacional, cuñada en prata de 900 milésimas e cun peso de 1,672 gramos. Na mesma disposición fixábase o valor do balboa no do dólar estadounidense e determinábase que este tería tamén curso legal no país."Ley 84 de 1904, sobre la moneda (de 28 de junio)". Docplayer.es
Moedas En 1904, cando se creou o balboa, recolléronse todas as moedas que naquel momento estaban en circulación no país, do sistema do peso colombiano, e fundíronse para cuñar as moedas da nova república. A primeira serie compúñase dos valores de 2½, 5, 10, 25 e 50 centésimos, e non foi ata 1931 cando se cuñou a primeira moeda co valor facial dun balboa, con características similares ás do dólar estadounidense. A primeira moeda co valor dun centésimo cuñouse en 1935.De León Watson, O. (2017). "La historia a través de las monedas". En Panamá América. 24 de outubro."Coins from Panama. Balboa (1904-date)". Numista.com
Os valores en circulación son os de 1, 5, 10, 25 e 50 centésimos, así como 1 balboa. Proxectouse tamén a cuñaxe de moedas de dous e de cinco balboas, aínda que esta idea non prosperou."Pérez, K. (2012). "El peso de los balboas ". En Martes Financiero. 733. 19 de xuño.
Todas as moedas panameñas posteriores a 1908 están cuñadas na planta da Royal Canadian Mint en Ottawa, Canadá.miniatura|Moeda de 2½ centésimos, hoxe fóra da circulación.|centro
+Moedas en circulaciónImaxeValorDatasMetalDiámetroPesoAnversoReverso90x90px 1 centésimo
"1 Centésimo". Numista.com1996-2019Cinc bañado en cobre.19,05 mm2,5 gREPÚBLICA DE PANAMÁ / UN CNTÉSIMO DE BALBOAXefa inca Urracá100x100px 5 centésimos
"5 Centésimos Sara Sotillo". Numista.com2001-2019Cuproníquel.21,3 mm5 gEscudo de PanamáSara Sotillo80x80px 1/10 balboa
"1/10 Balboa". Numista.com2008-2019Cobre bañado en cuproníquel.17,9 mm2,27 gEscudo de PanamáVasco Núñez de Balboa 110x110px ¼ balboa
"¼ Balboa". Numista.com2001-2019Cobre bañado en cuproníquel.24,26 mm5,67 gEscudo de PanamáVasco Núñez de Balboa115x115px ½ balboa
"½ Balboa". Numista.com2001-2019Cobre bañado en cuproníquel.30,61 mm11,34 gEscudo de PanamáVasco Núñez de Balboa105x105px 1 balboa
"1 Balboa". Numista.com2011-2019Aro: aceiro niquelado.
Núcleo: aceiro bañado en níquel-bronce.26,5 mm7,2 gVasco Núñez de BalboaArmas de Panamá
Billetes miniatura|330x330px|Billete dun balboa de 1941.
En 1941, o presidente da República Panameña, Arnulfo Arias, promoveu que o Goberno executase o artigo 156 da Constitución do país, para autorizar os bancos oficiais e privados do país a emitiren papel moeda. Como resultado, aprobouse o Decreto 6, do 30 de setembro de 1941, que creaba o Banco Central de Emisión da República de Panamá, e o día seguinte, por medio do Decreto 103, do 1 de outubro, ordenouse a posta en circulación de papel moeda. O banco foi autorizado a emitir 6 millóns de balboas en papel moeda, aínda que a cantidade emitida o 2 de outubro do mesmo ano, cando os billetes se puxeron en circulación, non superou os 2,7 millóns de balboas. Uns días despois, o 7 de outubro, a autoridade da Canle de Panamá emitiu unha circular na que se indicaba que o papel moeda panameño podía ser aceptado en todas as dependencias da canle."Una breve historia de la desaparecida moneda Balboa". Panamaviejaescuela.com
Porén, aos sete días da súa posta en circulación, o Goberno de Arias foi derrocado e substituído polo de Ricardo Adolfo de la Guardia, apoiado polos EEUU. O novo Goberno pechou inmediatamente o banco e os billetes comezaron a ser retirados da circulación e, finalmente, incineráronse nos talleres do Colexio Artes e Oficios entre o 13 de xuño e o 6 de xullo de 1942. Os billetes, con valores de 1, 5, 10 e 20 balboas, foran impresos pola compañía Hamilton Bank Note Company, de Nova York."Panamá". Banknote.ws
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991. (18ª ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-150-1 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9
Categoría:Moedas de Panamá Categoría:Dólar Categoría:ISO 4217