Lady and the Tramp é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Charlie Bean e escrito por Andrew Bujalski e Kari Granlund, e producido por Walt Disney Pictures. O filme é unha adaptación de acción en vivo do filme de animación de 1955 de Walt Disney, que á súa vez se basea na historia da revista Cosmopolitan "Happy Dan, the Cynical Dog" creada por Ward Greene. O filme conta coas voces de Tessa Thompson, Justin Theroux, Janelle Monáe e Sam Elliott, e coas interpretacións humanas de Thomas Mann, Kiersey Clemons, Yvette Nicole Brown, F. Murray Abraham, Adrian Martinez e Ken Jeong. Está dedicado ó artista Chris Reccardi, que morreu o 2 de maio de 2019.
Lady and the Tramp estreouse o 12 de novembro de 2019 en Disney+, sendo o primeiro remake de Disney que non se estreou nas salas de cinema. O filme recibiu valoracións dispares da crítica, que eloxiou as interpretacións e voces, mais criticou os seus efectos visuais, guión e ritmo.
Personaxes Kiersey Clemons como Darling Thomas Mann como Jim Dear Yvette Nicole Brown como a tía Sarah Adrian Martinez como Elliot Arturo Castro como Marco
Voces Tessa Thompson como Lady Justin Theroux como Tramp Ashley Jensen como Jackie Benedict Wong como Bull Sam Elliott como Trusty Janelle Monáe como Peg
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Charlie Bean Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes ambientados en 1909