Fabio Maria Asquini, nado o 14 de agosto de 1802 en Fagagna e finado o 23 de decembro de 1878 en Roma, foi un eclesiástico católico latino, cardeal da Igrexa católica dende 1844, quen desempeñou varios encargos na Curia Romana. Traxectoria Naceu o 14 de agosto de 1802 en Fagagna. O 26 de febreiro de 1825 foi ordenado sacerdote.

O 2 de outubro de 1837 foi nomeado arcebispo titular de Tarso. Recibiu a consagración episcopal o 8 de outubro seguinte de mans do cardeal Carlo Odescalchi.

O 22 de decembro de 1837 foi nomeado nuncio apostólico en Sicilia.

O 9 de abril de 1839 foi nomeado secretario da Congregación dos Bispos e Regulares.

O 22 de xaneiro de 1844 o papa Gregorio XVI creouno cardeal in pectore e nomeouno patriarca titular de Constantinopla.

Foi proclamado cardeal publicamente o 24 de abril de 1845, co título de cardeal-presbítero de Santo Stefano al Monte Celio. Participou no conclave de 1846 que elixiu a Pío IX.

O 2 de maio de 1847 foi nomeado prefecto da Congregación para as Indulxencias e as Reliquias.

O 8 de maio de 1863 foi nomeado prefecto da Congregación da Inmunidade Eclesiástica. Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

O 12 de xullo de 1872 foi nomeado secretario da Secretaría dos Breves aos Príncipes e para as Cartas Latinas. O 21 de setembro de 1877 foi nomeado cardeal-presbítero de San Lorenzo in Lucina.

Participou no conclave de 1878 que elixiu a León XIII. Finou no cargo o 23 de decembro de 1878, en Roma.

Notas

Categoría:Nados en 1802 Categoría:Nados na provincia de Udine Categoría:Finados en 1878 Categoría:Arcebispos católicos de Italia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Cardeais de Italia Categoría:Cardeais creados por Gregorio XVI Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro