Rut Balbís Calviño, nada en Ourense en 1979, é unha bailarina e coreógrafa galega fundadora da compañía Pisando Ovos.

Traxectoria Licenciouse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte formándose despois en danza contemporánea en Londres.

Fundou a compañía Pisando Ovos en 2005 xunto con David Loira e posteriormente pasou a dirixila en solitario. Traballa, ademais de con Pisando Ovos, como docente na Aula de Danza da Universidade da Coruña.

Obra Directo 9, Teatro Ensalle, Vigo, 2018 Give it a spin, Centro Cultural Conde Duque, Madrid, 2015 Peza 7, Teatro Ensalle, Vigo, 2014 Que volvan as flores, Teatro Ensalle, Vigo, 2014 Tres, Pazo da Cultura de Narón, 2009 Menos 1, Teatro Ensalle, Vigo, 2008 30000, Salón Teatro, Santiago de Compostela, 2007 No intre 1800, Teatro Ensalle, Vigo, 2006 Con permiso, MARCO Vigo, 2006 N8OHX, Teatro Ensalle, Vigo, 2005

Recoñecementos Premio da Crítica de Galicia de Artes Escénicas 2019. Primeiro premio do XXI Certame Coreográfico de Madrid en 2007 cun extracto da peza 'No Intre 1800'

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Pisando Ovos Entrevista en Vinte de Praza Pública.

Categoría:Bailaríns Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Coreógrafos