O elefante mariño austral ou elefante mariño do sur, comunmente elefante mariño, (Mirounga leonina) é unha das dúas especies de elefantes mariños que existen.

Descrición É o meirande membro do clado dos pinnípedes e da orde dos carnívoros, así como o meirande mamífero mariño que non é un cetáceo. Recibe o seu nome común debido ao seu masivo tamaño e á gran probóscide que presentan os machos adultos, a cal é usada para producir sonoros ruxidos, especialmente durante a época de apareamento. O macho de Mirounga leonina é un 40% máis pesado que o macho de Mirounga angustirostris, e o dobre de pesado que o macho da morsa (Odobenus rosmarus), e entre 6 e 7 veces máis pesado que o meirande carnívoro terrestre, o oso polar (Ursus maritimus) e o Ursus arctos middendorffi.

Distribución Vive nos mares e costas da zona do Océano Antártico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Perrin, W.F.; Wursig, Bernd G.; e Thewissen, J.G.M. Encyclopedia of Marine Mammals. San Diego, Calif.: Academic Press, 2002.

Categoría:Pinnípedes Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Mamíferos de Chile Categoría:Mamíferos da Arxentina Categoría:Mamíferos de Australia Categoría:Fauna da Antártida