Sam Moorhead, nado en 1961, é un arqueólogo e numismático, membro do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Traxectoria Moorhead graduouse en Arqueoloxía Clásica e Historia Antiga na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, e posteriormente completou os seus estudos na Universidade de Durham e no Instituto de Arqueoloxía da University College London (UCL)."AIA Lecturer: Sam Moorhead, FSA ". Archaeological Institute of America.
Durante as décadas de 1980 e 1990 traballou no estudo de diversos conxuntos e coleccións de moedas, como a do Museo de Wiltshire, que lle serviu para elaborar a súa tese de mestrado coa que se graduou no UCL. Participou ademais en escavacións en Israel, en Palestina, en Italia e en Albania, e publicou numerosos artigos sobre eses traballos."Sam Moorhead ". Portable Antiquities Scheme. Tamén exerceu como profesor de Cultura Clásica, Arqueoloxía e Historia Antiga no Ardingly College durante 12 anos."Moorhead, Sam". En Coins Weekly. 25 de outubro de 2017."Sam Moorhead - Honorary Lecturer ". University College London.
En 1997 ingresou no Museo Británico como profesor de Arqueoloxía, e en 2006 pasou a ser asesor de achados monetarios da Idade de Ferro e moedas romanas dentro do Portable Antiquities Scheme, baseado no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Moorhead estivo a traballar durante cinco anos nun volume da serie Roman Imperial Coinage, dedicado aos emperadores Carausio e Alecto, que involucrou arredor de 70 museos do Reino Unido e doutros países.
Sam Moorhead é membro da Royal Numismatic Society, da que foi secretario, da British Numismatic Society e da Roman Society. Ademais, foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres e é profesor honorario do Instituto de Arqueoloxía do University College London.
No curso 2017-2018 foi profesor visitante do Archaeological Institute of America.
Recoñecementos (2011): Arqueólogo do Ano, polos lectores da revista Current Archaeoloy. (2013): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society. (2019): Medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Sam Moorhead ao longo da súa carreira académica:"Sam Moorhead". Academia.edu"Moorhead, Sam ". Digital Library Numis."Moorhead, Sam". WorldCat Identities.
(1983). Coins from coastal Palestine. University of North Carolina at Chapel Hill. (1984). The Lyman Cotten collection of ancient and mediaeval coins: catalogue. Ackland Art Museum, Chapel Hill. (2010). The Frome Hoard (con a. Booth e R. Bland). British Museum, Londres. ISBN 9780714123349 (2010). AD 410 The Year that Shook Rome. Paul Getty Museum, Os Ánxeles. ISBN 978-1606060247 (2011). The Roman Empire. Interlink Books. ISBN 9781566568289 (2011). Silbury Hill, Wiltshire: Roman coins from the Silbury region. English Heritage, Portsmouth. (2013). A history of Roman coinage in Britain. Greenlight, Witham. ISBN 9781897738542 (2016). The Romans who Shaped Britain (con D. Stuttard). Thames and Hudson, Londres. ISBN 9780500251898 (2012). 31 BC, Antony, Cleopatra and the Fall of Egypt (con D. Stuttard). British Museum, Londres. ISBN 9780714122748. (2013). A History of Coinage in Roman Britain (con G. Payne). Greenlight, Witham. ISBN 9781897738542 (2018). The Cunetio and Normanby hoards (con A. Burnett e R. Bland). Spink & Son, Londres. ISBN 9781912667338
Notas
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Alumnos da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Categoría:Alumnos da Universidade de Durham Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Profesores do University College London Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres