Fon Cortizo, nado en Vigo en 1978, é un cineasta e guionista galego.

Traxectoria No 2001 graduouse en Comunicación Audiovisual e dende entón comezou a traballar en televisión como operador de cámara. A partir do 2007 comezou a participar no desenvolvemento de proxectos para televisión e cinema como director de fotografía, realizador e director.

Entre as súas obras destacan os traballos no eido do documental Contrafaces (2015) Fon Cortizo, estreada no festival Visions du Reel (2015, Suíza) e Aysha (2016) estreada no Festival Play-Doc (2017, Tui) e merecedora dos premios á Mellor Curtametraxe Galega e Mellor Guión no Festival Curtocircuíto (2018, Santiago de Compostela) e o Premio ao Mellor Documental no Festival DUAF (2018, Nova York).

En 2020 estreou o filme 9 Fugas no Festival Internacional de Cine de Xixón'9 fugas', de Fon Cortizo, premiada no Festival de Xixón e acadou o Premio á Mellor Longametraxe da sección internacional Retueyos (ex aequo). 9 Fugas é unha longametraxe de ficción construída sobre unha banda sonora creada por unha orquestra de improvisación. O filme está protagonizado polas actrices María Roja e Olga Cameselle.

En 2024 estrea a curtametraxe de ficción Abellón en Zinebi (Bilbao) acadando o Premio do Público. A estrea internacional ten lugar no Festival Internacional de Cine de Moscova (MIFF) onde recibe o prestixioso Premio a Mellor Curtametraxe Internacional.

Desde 2020 é presidente de CREA (Asociación Galega de Profesionais da Realización e a Dirección).

Filmografía Contrafaces (2016) Aysha (2017) Americano (2017) 9 fugas (2020)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Cine galego. Ficha en crea.gal. 9 Fugas: la película experimental, orquestal y feminista que sorprende en el DA. Entrevista a Fon Cortizo en La Vanguardia Fon Cortizo: "O que pasa coa memoria colectiva neste país e que é alzhéimer avanzado Entrevista en Faro de Vigo. 9 Fugas. El cine gallego acude por segundo año al festival de Shanghái. Artículo en El Diario 9 Fugas. Crítica en Cineuropa

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes