Alfonso Lois Sancho, nado en Pontevedra en 1875 e finado na mesma cidade o 3 de xaneiro de 1960, foi un escritor, xornalista e músico galego.
Traxectoria Fillo de Rogelio Lois Estévez. Funcionario do Concello de Pontevedra. Foi un dos fundadores da revista Hebe (1920-1921). Colaborou en El Progreso, El Diario de Pontevedra e outros periódicos pontevedreses asinando ás veces cos pseudónimos Liso, Lios, Osil e HP. Como músico foi o compositor de "¡Viva mi compadre!", da balada "Airiños de Pontevedra" estreada en 1920, e outras pezas."Alfonso Lois Sancho", El Pueblo Gallego, 29-11-1951, p. 6. Finou en Pontevedra o 3 de xaneiro de 1960 con 84 anos.Hoja Oficial del Lunes, 4-1-1960, p. 2.El Pueblo Gallego, 5-1-1960, p. 13.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes